jueves, 31 de octubre de 2024

Samaín

 Coas achegas do alumnado voluntario, a biblioteca celebra o Samaín!  

Achégate e verás lecturas de medo, mouchos, morcegos, caveiras, gatos negros e pantasmas saíndo dos libros.

 Ademais, nos taboleiros do corredor, as descricións e ilustracións das casas de medo que o alumnado de 2º ESO elaborou tras a lectura de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.

            

















viernes, 25 de octubre de 2024

Biblioteca Pública

 O alumnado de 1º ESO visita as instalacións da Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda, para coñecer os servizos ofertados da man da bibliotecaria, Cecilia Díaz. Unha boa conmemoración do Día das Bibliotecas.






















miércoles, 23 de octubre de 2024

martes, 22 de octubre de 2024

Estreamos bibliotecas!

 Un ano máis achégase o Día da Biblioteca, que se conmemora dende 1997 por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, para lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito dos Balcáns.

Le o pregón redactado por Patxi Zubizaleta, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2023, e ilustrado por Laia Giménez Buenaventura, gañadora do Premio Lazarillo 2024 na modalidade de álbum ilustrado.





lunes, 21 de octubre de 2024

As raíces da escritura creativa

 O alumnado de 4º ESO participou no obradoiro de escrita creativa impartido por Ana AbadUn amplo abano de actividades para romper o xeo, facer quecemento, escribir sen ningunha condición, introducir unha determinada palabra ou crear coa suxestión da música escoitada para finalmente compartir as creacións coas compañeiras/os.










viernes, 18 de octubre de 2024

A muller na ciencia

 Alumnas e alumnos de 1º bacharelato achegáronse a unha selección de científicas e inventoras da man das integrantes de Academia As Curuxas. Tras varias dinámicas de grupo, o momento para as preguntas que inician a reflexión sobre a situación da muller na ciencia: 

  • Os atrancos e discriminacións sufridas por científicas como Rosalind Franklin, Gerty Cori ou Chien-Shiung Wu son feitos do pasado? 
  • É o machismo da sociedade o causante desas desigualdades? 
  • E, no presente, cal é situación?










    












martes, 15 de octubre de 2024

Debuxar letras

 O alumnado de 2º ESO gozou debuxando letras coas indicacións de Alba Farto.