martes, 27 de diciembre de 2011

CLUB DE LECTURA

Os membros dos grupos reúnense antes das vacacións para desexarnos un Bo Nadal  cunhas imaxes lectoras e unhas doces chocolatinas.



domingo, 25 de diciembre de 2011

CLUB DE LECTURA DE AULA

O alumnado de 1º ESO descubriu a existencia do gatipedro, un animal fantástico da fauna galega, coa lectura de "Marcelino Pardo", Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro.
Nas sesións de Lingua Galega e Literatura imaxinaron un animal fantástico que podería proporcionar un beneficio ao ser humano, deseñaron o seu aspecto e, co Publisher, crearon unha tarxeta coa que agasallar neste Nadal aos seres queridos.


lunes, 19 de diciembre de 2011

CLUB DE AULA

 Antes das vacacións de Nadal editamos a listaxe de lecturas comúns para o 2º trimestre, libros que se poden converter nun bo agasallo por estas datas.