Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de enero de 2024

FALADOIROS LITERARIOS

 O alumnado do Club de lectura Pasamos Páxina asistiu aos faladoiros literarios organizados polo Concello de Ourense onde debateu, con alumnado doutros centros de secundaria da provincia, sobre os temas de As alumnas, obra dramática de Paula Carballeira. 

A continuación, tivo lugar o encontro coa autora que respondeu todas as preguntas do alumnado e rematou cunha amena contada. Parabéns ás/aos participantes!











 

viernes, 22 de diciembre de 2023

Club de lectura

Reúnense os membros do club de lectura, Pasamos Páxina, para recoller o exemplar d'As alumnas de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e que é a obra elixida para o faladoiro en galego das Tertulias Literarias do Concello de Ourense.



lunes, 8 de mayo de 2023

FALADOIROS LITERARIOS

 O alumnado do Club de lectura Pasamos Páxina participou nas Tertulias literarias do Concello de Ourense. Na xornada debateron sobre a novela Lugar seguro con alumnado doutros clubs de lectura da provincia e encontráronse con seu autor Isaac Rosa.



























viernes, 24 de marzo de 2023

CLUB DE LECTURA

 Reúnense os membros do club de lectura para repartir os exemplares de Lugar seguro de Isaac Rosa, a novela elixida para os faladoiros das Tertulias Literarias organizadas polo Concello de Ourense.



jueves, 24 de noviembre de 2022

Club de lectura

Reúnese o Club de lectura Pasamos Páxina para iniciar a lectura de Golpes de luz de Ledicia Costas, obra elixida para as Tertulias literarias do Concello de Ourense que agasalla ao alumnado con cadanseu exemplar.





jueves, 9 de junio de 2022

ENCONTRO CON DAVID TRUEBA

 O alumnado do Club de lectura acudiu o xoves pola tarde ao encontro con David Trueba, no Liceo ourensán. 

 O autor de El río baja sucio, novela compartida nos faladoiros literarios,  respondeu todas as cuestións propostas, ampliando os puntos de vista. A contaminación medioambiental, as relacións humanas, a hipocrisía son temas presentes, pero a idea principal que pretende transmitir é que a vida é sucia e cómpre saber nadar para subsistir intentando non aumentar a sucidade existente.














viernes, 18 de marzo de 2022

TERTULIAS LITERARIAS

 Os membros do club de lectura Pasamos Páxina, con alumnado de 4º ESO, acudiron aos faladoiros organizados polo Concello de Ourense. Con outros clubs de lectura de centros da provincia desfrutaron compartindo e debatendo ideas que suscitaron os temas do libro El río baja sucio de David Trueba.

Parabéns a todas persoas implicadas na actividade!





jueves, 21 de febrero de 2019

CLUB DE LECTURA

O alumnado do Club le a obra Mejor la ausencia de Edurne Portela para participar nas Tertulias literarias organizadas polo concello de Ourense.