Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca Pública. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca Pública. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de marzo de 2022

CARNÉS LECTORES

 Entrega dos carnés lectores da biblioteca pública de Maceda Francisco Carballo para o alumnado do centro que participou na campaña desenvolvida entre a biblioteca escolar e a pública. Con este carné o alumnado poderá acceder a calquera biblioteca pública de Galicia e a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico.






jueves, 28 de octubre de 2021

BIBLIOTECA PÚBLICA

 O alumnado de 1º ESO visita a Biblioteca Pública de Maceda, Francisco Carballo, para coñecer as súas instalacións, recursos e posibilidades que ofrece o seu carné lector, como o acceso a calquera outra biblioteca galega e á plataforma dixital Galicia Le.

 







miércoles, 20 de octubre de 2021

OBRADOIRO DE CÓMIC FEMINISTA

 O alumnado de 2º ESO participou, o martes 19, nun Obradoiro de cómic feminista impartido por Ticiana Ghiglione Darriba. Unha actividade organizada pola Biblioteca Pública de Maceda a través do programa Ler conta moito. 










 

jueves, 7 de octubre de 2021

BIBLIOTECA PÚBLICA

 O alumnado de 2º ESO visita a Biblioteca Pública de Maceda, Francisco Carballo, para coñecer as súas instalacións, recursos e posibilidades que ofrece o seu carné lector, como o acceso a calquera outra biblioteca galega e á plataforma dixital Galicia Le.









 

lunes, 26 de octubre de 2020

OS HOMES E AS MULLERES

 O alumnado de 4º ESO analiza, da man de Beatriz Lema, as imaxes empregadas nos medios de comunicación para representar as persoas. A actividade, integrada no programa Ler conta moito, desenvolveuse na biblioteca pública de Maceda.





viernes, 16 de octubre de 2020

AIRIÑOS AIRES ROSALÍA

 O alumnado de 2º bacharelato acode ao encontro con Xurxo Lobato, desenvolvido na Biblioteca Pública de Maceda, para aprender fotografía coñecendo mellor a poeta, a través da homenaxe fotográfica recollida no seu libro.

 


 
 




miércoles, 30 de octubre de 2019

BIBLIOTECA PÚBLICA

Para conmemorar o Día da Biblioteca, o alumnado de 1º ESO visita a Biblioteca Pública de Maceda para desenvolver unha actividade de lectura compartida que incluíu o pregón elaborado por Gemma Pascual, co que foi agasallada a rapazada xunto  co cartel elaborado polo ilustrador Miguel Calatayud.

A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

Tradución: Héctor Cajaraville







 

lunes, 22 de octubre de 2018

LER CONTA MOITO

O alumnado de 1º ESO visita a Biblioteca Pública de Maceda para coñecer os servizos que oferta e escoitar os contos de igualdade de Cris de Caldas, Eu conto, ti contas ... ELAS contan!, unha actividade do programa Ler conta moito organizada pola biblioteca pública e a biblioteca escolar.





 

martes, 4 de abril de 2017

Obradoiro de tiras cómicas e viñetas

O alumnado de 2º ESO participou no Obradoiro de tiras cómicas e viñetas, impartido por Xosé Manuel Fernández Montes na Biblioteca Pública de Maceda que ofertou a actividade do programa LER CONTA MOITO.


martes, 14 de octubre de 2014

BIBLIOTECA PÚBLICA

Un curso máis o alumnado de 1º ESO visita a Biblioteca Pública para coñecer os servizos ofertados e tramitar o carné lector. Coma sempre, son acollidos pola bibliotecaria, Avelina, que este ano nos proporcionou o texto de Antonio Rodríguez Almodóvar para o Día da Biblioteca, "Pregón homenaje a Ana María Matute".

lunes, 4 de noviembre de 2013

BIBLIOTECA PÚBLICA

A biblioteca organiza, un curso máis, a actividade extraescolar co alumnado de 1º ESO para visitar a Biblioteca pública de Maceda e solicitar o carné lector. Coma sempre, contamos coa hospitalidade de Avelina Losada.

viernes, 23 de noviembre de 2012

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA

Por segundo ano consecutivo a biblioteca escolar do IES San Mamede realizou a actividade Rede de bibliotecas co alumnado de 1º ESO para coñecer as instalacións da biblioteca pública de Maceda e converterse en socios da mesma.
Con Avelina, que recolleu os impresos para xestionar os carnés do alumnado, leron uns fermosos textos que reflexionan sobre as posibilidades que ofrecen as bibliotecas, coñeceron o horario de apertura e pousaron para as fotos.



viernes, 8 de junio de 2012

REDE DE BIBLIOTECAS

A biblioteca escolar organizou unha saída co alumnado de 1º ESO para visitar as instalacións de Biblioteca Pública de Maceda e tramitar os carnés de lectores/as, previamente cubertos na sesión de Titoría.
Avelina, a bibliotecaria, amosounos amablemente as instalacións e agasallounos con dous textos que describen os valores da bilbioteca. Lémolos e escollemos as oracións que máis nos agradaron.