Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura sénior. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura sénior. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de febrero de 2018

O AMOR NOS ESCUROS DÍAS DE BIRKENAU

Os membros do Club de lectura sénior reúnense para pór en común as impresións e valoracións sobre a novela O amor nos escuros días de Birkenau de Alberto Canal. Como non podía ser doutra maneira nunha obra que describe a barbarie xenocidia, adentrámonos nun mundo de medo, torturas, enfermidade, odio, traizóns, morte... pero tamén de amor ("A mirada", "O desexo de intimar" e "A necesidade de tanscender"), de solidariedade, de esperanza a través da rebelión e de arte (o teatro, a fotografía, a música e a lectura) na busca da liberdade.
O encontro contou ademais coa presenza do autor que respondeu todas as nosas preguntas e nos proporcionou valiosa información sobre o proceso creativo, dende a idea que xorde na súa viaxe aos campos de concentración e exterminio situados na Alta Silesia, a documentación empregada e as decisións na caracterización dos personaxes. 
En definitiva, unha lectura e un encontro valiosos que o club de lectura recomenda.




 

viernes, 30 de junio de 2017

Club de lectura sénior

Deixamos constituído o Club de lectura con persoas adultas da vila de Maceda, coa inestimable axuda da bibliotecaria pública, Avelina Losada López, que tamén formará parte xunto con Mª Dolores Pérez Ramos, Alicia Garrido Ruido, Mª del Mar Pereira Gil, Lucas Domínguez González, Mª Luisa Garrido Prieto e Aurora Garrido Prieto. Do instituto, as tres mediadoras, Charo Expósito, Yolanda Sanisidro e Chus Sarmiento.
A primeira lectura, O amor nos escuros días de Birkenau, unha novela dun autor local, Alberto Canal, con quen esperamos encontrarnos á volta das vacacións.