Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de octubre de 2024

Biblioteca Pública

 O alumnado de 1º ESO visita as instalacións da Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda, para coñecer os servizos ofertados da man da bibliotecaria, Cecilia Díaz. Unha boa conmemoración do Día das Bibliotecas.






















miércoles, 18 de octubre de 2023

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA

 No mes das bibliotecas é o momento para que o alumnado de 1º de ESO coñeza as instalacións e servizos que ofrece a biblioteca pública Francisco Carballo de Maceda, da man da súa responsable Avelina Losada. Un bo lugar ao que acudir.





miércoles, 26 de abril de 2023

OURENSE LITERARIO

 O alumnado de 1º e 2º ESO participou no percorrido literario organizado polos departamentos de lingua castelá e galega para descubrir as autoras e autores ourensáns.














domingo, 23 de octubre de 2022

Visita á biblioteca pública

 O alumnado de 1º ESO coñece a biblioteca pública Francisco Carballo de Maceda da man de  Avelina Losada, a bibliotecaria, que lles explica os servizos ofertados e as vantaxes do carné lector.













viernes, 8 de abril de 2022

DÍA DO POBO XITANO

 A biblioteca publica os primeiros traballos elaborados polo alumnado de 1º ESO na materia de Investigación e tratamento da información para dar a coñecer a conmemoración do Día do Pobo Xitano.





jueves, 28 de octubre de 2021

BIBLIOTECA PÚBLICA

 O alumnado de 1º ESO visita a Biblioteca Pública de Maceda, Francisco Carballo, para coñecer as súas instalacións, recursos e posibilidades que ofrece o seu carné lector, como o acceso a calquera outra biblioteca galega e á plataforma dixital Galicia Le.

 







miércoles, 30 de octubre de 2019

BIBLIOTECA PÚBLICA

Para conmemorar o Día da Biblioteca, o alumnado de 1º ESO visita a Biblioteca Pública de Maceda para desenvolver unha actividade de lectura compartida que incluíu o pregón elaborado por Gemma Pascual, co que foi agasallada a rapazada xunto  co cartel elaborado polo ilustrador Miguel Calatayud.

A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

Tradución: Héctor Cajaraville