miércoles, 19 de diciembre de 2018

POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 1º e 2º ESO elabora postais de Nadal, co programa LibreOffice, para enviar mensaxes con recomendacións literarias ou con lemas pola igualdade e a eliminación da violencia de xénero.

 

jueves, 1 de noviembre de 2018

SAMAÍN

Chega o Samaín e o alumnado de 1º ESO traballa o campo semántico do medo para elaborar os seus  Alfabetos terroríficos. A biblioteca expón fondos para todos os cursos coa mesma temática.


miércoles, 31 de octubre de 2018

lunes, 22 de octubre de 2018

LER CONTA MOITO

O alumnado de 1º ESO visita a Biblioteca Pública de Maceda para coñecer os servizos que oferta e escoitar os contos de igualdade de Cris de Caldas, Eu conto, ti contas ... ELAS contan!, unha actividade do programa Ler conta moito organizada pola biblioteca pública e a biblioteca escolar.





 

miércoles, 27 de junio de 2018

VOLUNTARIADO

Remata o curso e o traballo do alumnado voluntario que colaborou na xestión e dinamización da biblioteca escolar. Parabéns a todas e todos.







miércoles, 23 de mayo de 2018

Biblioacollida

Tivo lugar a acollida do alumnado de 6º de Educación Primaria, un primeiro contacto co seu futuro centro, e tamén coa biblioteca onde foron agasallados cun folleto informativo sobre os seus servizos e zonas, cunha roseta da CDU e un marcapáxinas. Para elas e eles, este poema de Ana María Fernández.





 

lunes, 14 de mayo de 2018

María Victoria Moreno

O alumnado colaborador da biblioteca, de 1º Bacharelato, vén de elaborar un formulario sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, Mª Victoria Moreno. 
Busca información, responde o cuestionario e participa no concurso. Boa sorte!

martes, 1 de mayo de 2018

sábado, 28 de abril de 2018

ENCONTRO CON HÉCTOR CAJARAVILLE

Tras a lectura das obras de Héctor Cajaraville, A caixiña dos rancores, O segredo da casa de Formoso e Once portas, o alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º Bacharelato tivo o pracer de encontrarse co autor das novelas e poder conversar con el sobre o proceso creativo e os pormenores de cada obra. A continuación, asinou e dedicou os exemplares das lectoras/es e recibiu como agasallo algunhas das ilustracións que as rapazas/es elaboraron despois da lectura.

lunes, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO


Recollemos do blog de bibliotecas escolares o texto de Fran Alonso para a difusión do Día do Libro.


E achegamos tamén a versión actualizada de "Cinco motivos para ler poesía"
 

DÍA DO LIBRO

O alumnado de 1º ESO conmemora o Día do Libro lendo e ilustrando Leonardo e os fontaneiros de Mª Victoria Moreno.


 

viernes, 30 de marzo de 2018

AS NOSAS MULLERES

Para conmemorar o Día da Muller, o alumnado de 3º ESO achégannos retallos da vida das mulleres máis próximas, anónimas na historia pero fundamentais no seu contorno.