O último luns de marzo o alumnado de 2º ESO visitou o Museo Provincial de Lugo para participar nas Rutas Literarias. Distribuídos en catro equipos, o alumnado percorreu as distintas salas do museo para responder as cuestións da ruta asignada e relacionada cun relato de Contos de medo no museo.
O alumnado participou entusiasmado e a actividade resultou moi satisfactoria grazas ao saber estar e á preparación previa coa lectura e as Contadas dos catro relatos: "O botón encarnado" de Marilar Aleixandre, "Sangue de gato negro" de Fina Casalderrey, "O anel dos destinos cruzados" de Xosé A. Neira Cruz e "O pozo dos desexos" de Antonio Reigosa, ilustrados por Javier Huerga García.