O alumnado do club de lectura de 2º ESO xa leu Volvo! O regreso de Usha de María Reimóndez. Unha obra moi agardada por estas lectoras/es, xa que o curso pasado na materia de Lingua Galega e Literatura se achegaron a Usha e quedaron cuestións pendentes por resolver.
Nesta segunda parte os temas e valores desenvolvidos son o feminismo, a educación sobre o corpo que se concreta na menstruación, a aposta pola visión científica do mundo, o respecto á diversidade, Galicia como entidade global e o espertar adolescente.
Agardamos os comentarios das lectoras e lectores.
