O alumnado de 4º ESO participou no obradoiro de escrita creativa impartido por Ana Abad. Un amplo abano de actividades para romper o xeo, facer quecemento, escribir sen ningunha condición, introducir unha determinada palabra ou crear coa suxestión da música escoitada para finalmente compartir as creacións coas compañeiras/os.
lunes, 21 de octubre de 2024
viernes, 18 de octubre de 2024
A muller na ciencia
Alumnas e alumnos de 1º bacharelato achegáronse a unha selección de científicas e inventoras da man das integrantes de Academia As Curuxas. Tras varias dinámicas de grupo, o momento para as preguntas que inician a reflexión sobre a situación da muller na ciencia:
- Os atrancos e discriminacións sufridas por científicas como Rosalind Franklin, Gerty Cori ou Chien-Shiung Wu son feitos do pasado?
- É o machismo da sociedade o causante desas desigualdades?
- E, no presente, cal é situación?
martes, 15 de octubre de 2024
viernes, 20 de octubre de 2023
MEDULA
O alumnado de 3º de ESO e de Literatura Universal de 1º bacharelato participou hoxe no espectáculo poético-musical Medula de Cristal Méndez e Polonio. Unha reflexión sobre a violencia exercida no mundo contra as mulleres.
Textos creados e interpretados por Cristal con protagonistas femininas, como a Tía Rabina, a muiñeira viguesa de orixe ourensá ou a moza que se libera do seu maltratador. E a música e o soporte audiovisual achegados por Polonio para crear a atmosfera precisa, na que salientou o uso do theremín, que xenerosamente nos deixou probar.
Un pracer contar coa súa presenza.
miércoles, 11 de octubre de 2023
A MIRADA POÉTICA DA FOTOGRAFÍA
Un ano máis, grazas á colaboración entre a biblioteca pública de Maceda e a biblioteca escolar, ao abeiro do programa Ler conta moito, o alumnado de 4º de ESO achegouse da man do fotógrafo Carlos Lorenzo Pérez á fotografía poética, unha modalidade constituída por imaxes que pretenden transmitir unha mensaxe e ás que se lles poden dar varias interpretacións. Unha grata experiencia.
viernes, 14 de octubre de 2022
Crea o teu relato!
O alumnado de 3º ESO gozou co obradoiro de creación narrativa impartido por Andrea Barreira Freije, unha actividade do programa Ler conta moito.
















































.jpg)


