O alumnado de 3º de ESO e de Literatura Universal de 1º bacharelato participou hoxe no espectáculo poético-musical Medula de Cristal Méndez e Polonio. Unha reflexión sobre a violencia exercida no mundo contra as mulleres.
Textos creados e interpretados por Cristal con protagonistas femininas, como a Tía Rabina, a muiñeira viguesa de orixe ourensá ou a moza que se libera do seu maltratador. E a música e o soporte audiovisual achegados por Polonio para crear a atmosfera precisa, na que salientou o uso do theremín, que xenerosamente nos deixou probar.
Un pracer contar coa súa presenza.
Cartel de Uxía Fernández e Noa Martínez
No hay comentarios:
Publicar un comentario