lunes, 31 de octubre de 2011

HABEMUS CLUB DE LECTURA

Nos idus de novembro publicamos a relación do alumnado ávido de lectura, que constituirá os cinco grupos do club Pasamos Páxina, e a convocatoria para a 1ª reunión.


domingo, 16 de octubre de 2011

LECTURAS COMÚNS

Velaquí as lecturas comúns, nas materias de Lingua Castelá e Literatura e Lingua Galega e Literatura, para o primeiro trimestre do curso.
Gocemos delas.

LECTURAS COMÚNS on PhotoPeach

domingo, 9 de octubre de 2011

CLUB DE LECTURA


PASAMOS PÁXINA BUSCA LECTORAS/ES PARA COMPARTIR EMOCIÓNS, SENTIMENTOS, COÑECEMENTOS, DIVERSIÓN ... E CANTO TI QUEIRAS ACHEGAR.






domingo, 2 de octubre de 2011

BENVIDA AO CLUB DE LECTURA


Pasamos Páxina é o blog das lectoras e lectores do IES San Mamede, creado para recollermos as actividades desenvolvidas arredor da lectura nas clases de lingua, no club de lectura e na biblioteca escolar.
Saúdos lectores!