jueves, 28 de octubre de 2021

BIBLIOTECA PÚBLICA

 O alumnado de 1º ESO visita a Biblioteca Pública de Maceda, Francisco Carballo, para coñecer as súas instalacións, recursos e posibilidades que ofrece o seu carné lector, como o acceso a calquera outra biblioteca galega e á plataforma dixital Galicia Le.

 







martes, 26 de octubre de 2021

CONCURSO CALABAZAS LITERARIAS

 O departamento de Lingua Castelá e Literatura convoca un concurso de microrrelatos para a conmemoración do Samaín, no que pode participar o alumnado de ESO, bacharelato e FPB. Anímate e participa!


 

viernes, 22 de octubre de 2021

OBRADOIRO DE PODCAST

 O alumnado de 3º ESO participou, o xoves 21, nun obradoiro de podcast impartido por Damián Alonso. Unha actividade do programa Ler conta moito, organizada pola Biblioteca Pública de Maceda.
















 

 

miércoles, 20 de octubre de 2021

OBRADOIRO DE CÓMIC FEMINISTA

 O alumnado de 2º ESO participou, o martes 19, nun Obradoiro de cómic feminista impartido por Ticiana Ghiglione Darriba. Unha actividade organizada pola Biblioteca Pública de Maceda a través do programa Ler conta moito. 










 

sábado, 9 de octubre de 2021

DIPLOMAS AO VOLUNTARIADO

 

 O venres tivo lugar o acto de entrega ao alumnado dos diplomas pola participación no programa Voluntariado na Biblioteca Escolar, da Dirección Xeral de Centros e Recursos da Consellería de Educación e Universidade xunta coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

 Parabéns ás alumnas e alumnos.









 

jueves, 7 de octubre de 2021

BIBLIOTECA PÚBLICA

 O alumnado de 2º ESO visita a Biblioteca Pública de Maceda, Francisco Carballo, para coñecer as súas instalacións, recursos e posibilidades que ofrece o seu carné lector, como o acceso a calquera outra biblioteca galega e á plataforma dixital Galicia Le.