Mostrando entradas con la etiqueta 3º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º ESO. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de octubre de 2023

MEDULA

 O alumnado de 3º de ESO e de Literatura Universal de 1º bacharelato participou hoxe no espectáculo poético-musical Medula de Cristal Méndez e Polonio. Unha reflexión sobre a violencia exercida no mundo contra as mulleres. 

Textos creados e interpretados por Cristal con protagonistas femininas, como a Tía Rabina, a muiñeira viguesa de orixe ourensá ou a moza que se libera do seu maltratador. E a música e o soporte audiovisual achegados por Polonio para crear a atmosfera precisa, na que salientou o uso do theremín, que xenerosamente nos deixou probar.

Un pracer contar coa súa presenza.

Cartel de Uxía Fernández e Noa Martínez


















viernes, 12 de mayo de 2023

ENCONTRO CON BERTA DÁVILA

 No Salón Rosalía de Castro produciuse o encontro con Berta Dávila que respondeu as preguntas das lectoras e lectores de Un elefante na sala de estar e asinou os seus libros. 

 Unha charla amena e ilustrativa sobre o proceso creador, os temas, os personaxes e o obxectivo final da súa novela.









miércoles, 10 de mayo de 2023

miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

 O alumnado de 2º e 3º ESO achegan os seus traballos sobre investigadoras galegas de diferentes disciplinas e sobre deportistas destacadas.





lunes, 27 de febrero de 2023

CUMPRIUSE A XUSTIZA

O alumnado de 2º e 3º ESO presenta as súas colaxes co título Que diría Rosalía? para dar a coñecer as inxustizas actuais.

 



miércoles, 30 de noviembre de 2022

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 O alumnado de 3º ESO crea cantigas, imitando os trobadores medievais, para expresar o desexo dun amor san, sen violencia, sen control, sen posesión.




viernes, 14 de octubre de 2022

Crea o teu relato!

 O alumnado de 3º ESO gozou co obradoiro de creación narrativa impartido por Andrea Barreira Freije, unha actividade do programa Ler conta moito. 









jueves, 26 de mayo de 2022

ENCONTRO CON EVA MEJUTO

 Eva Mejuto visita o IES San Mamede para encontrarse co alumnado de 3º ESO que leu a súa novela 22 segundos. A autora compartiu co seu lectorado a orixe da idea para escribir a primeira novela galega que trata sobre as persoas trans, a súa intencionalidade, as fontes de información manexadas e as decisións técnicas no proceso de creación.

 O alumnado achegou á xuntanza os carteis confeccionados con GIMP que, ademais de imaxes da novelista e da cuberta do libro, recollen citas da obra.


















jueves, 31 de marzo de 2022

VISITA Á CASA DOS POETAS

 O alumnado de 3º e 4º de ESO viaxa a Celanova para coñecer a Casa dos Poetas, a igrexa e claustros do mosteiro de San Salvador e a biblioteca do IES Celanova. Ademais escoita o órgano da igrexa grazas á colaboración da profesora Irma Fernández e recita poemas de Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. E, finalmente, descobre a aula onde se gravou a serie El desorden que dejas de Carlos Montero.