viernes, 29 de abril de 2016

ENGURRAS

O alumnado do club de lectura de 2º ESO reuniuse na biblioteca para ler, comentar a obra de Paco Roca e realizar a lectura dramatizada de Engurras que podemos gozar en O cartafol do vento.


lunes, 25 de abril de 2016

domingo, 24 de abril de 2016

EL MUNDO AZUL. AMA TU CAOS

El mundo azul é a última obra de Albert Espinosa, publicada na editorial Penguin Randon House baixo o selo de Grijalbo. O protagonista conta como, tras ser diagnosticado de cancro terminal, acode a una illa afastada da sociedade. Alí, coñecerá a catro personaxes coa súa mesma sorte. Unha historia na que todos os habitantes da illa permanecen nunha loita continua contra un mundo que intenta rematar co seu ser e cos seus soños, é dicir, co caos interior.

        Este libro, seguindo as bases do universo de Albert Espinosa, conta cunha edición especial, na que tanto a cuberta coma a contracuberta nos introducen na historia, un suspiro á vida. A temática segue a ser a mesma que noutros libros do autor: o cancro, a partir do cal aparecen outras temáticas coma a amizade, a busca por vivir, a necesidade de soñar, e a loita continua contra un mundo cruel. Os personaxes caracterízanse por estar dotados de fortes sentimentos e emocións, de forma que podes porte na súa pel e rematar sentíndoos coma se realmente puideses existir. O final é diferente a outros títulos do autor, de xeito que de ningunha maneira te esperas ese remate da historia. Albert Espinosa segue un estilo directo, no que sabe crear historias cheas de sentimentos ao mesmo tempo que sexan de fácil lectura. Ao igual que todas as súas obras pareceume una historia preciosa que che mostra esas ganas de vivir e de loitar dos personaxes. Emocionoume en numerosas ocasións pola forma en que trata un tema tan serio e presente hoxe en día como é o cancro. Relacioneina con outros títulos do autor, pero en especial con El mundo amarillo, onde fala da súa propia experiencia con esta enfermidade, a cal o acompañou durante toda a súa infancia, limitando e axudando a converterse na persoa que é hoxe en día, e con Pulseras rojas, serie creada por el mesmo.
        Se nunca lestes nada do autor, esta pode ser una boa historia para comezar, xa que defende valores que deberiamos ter presentes no día a día. Ademais, conta con numerosas reflexións a ter en conta. En definitiva, esta narración chea de aventuras e emocións relacionadas coa vida, coa loita e coa morte é un claro exemplo da vitalidade que o autor intenta transmitir aos seus lectores.

UXÍA OVIEDO DE DIOS

miércoles, 13 de abril de 2016

ENCONTRO CON YOLANDA CASTAÑO


Organizado en colaboración coa Biblioteca Pública e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivo lugar o encontro da poeta Yolanda Castaño co alumnado de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato no Salón Rosalía de Castro.



lunes, 11 de abril de 2016

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO

Na biblioteca tivo lugar o encontro con Marcos Calveiro, autor de Todos somos a obra de lectura común do alumnado de 2º ESO.









viernes, 8 de abril de 2016

TERTULIAS LITERARIAS OURENSE

O alumnado do Club de lectura de 4º ESO e 1º Bacharelato vén de participar en Ourense nas Tertulias que organiza o Concello arredor da obra La ley del menor de Ian McEwan, xunto cos clubs de lectura do IES Lagoa de Antela, IES Cidade de Antioquía, IES de Allariz e IES O Ribeiro.