Celebramos o Día de Rosalía con exposicións de fondos da autora, colaxes do alumnado de 2º ESO, cendóns do alumnado de 3º ESO e 2º bacharelato, máscaras e un agasallo especial para a biblioteca, a ilustración de Uxía Oviedo.
Mostrando entradas con la etiqueta 24 de febreiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 24 de febreiro. Mostrar todas las entradas
viernes, 26 de febrero de 2021
lunes, 27 de febrero de 2017
Día de Rosalía
Para conmemorar o Día de Rosalía nada mellor que o recitado dos seus poemas. O alumnado de 2º ESO como proxecto oral do segundo trimestre e as mozas e mozos de 2º Bacharelato como acto pracenteiro.
martes, 24 de febrero de 2015
DÍA DE ROSALÍA
O alumnado de 1º ESO achegouse á figura e obra de Rosalía de Castro para a conmemoración deste ano.
Tras a busca de información e a cita das fontes, elixiron un poema da autora para recitar na biblioteca, baixo o lema Eu son Rosalía da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en cuxo manifesto podemos ler:
Ánimo, compañeiras! Arriba todas, rapaciñas do lugar. Nós somos arpa de soio dúas cordas, a imaxinación i o sentimento. Que o seu son se disolva, pois, nunha mesma música, nun himno común. Porque celebrar o nacemento de Rosalía de Castro é festexar o perpetuo renacer deste país que nos acolle e identifica; é aturuxar con orgullo na nosa lingua e sentir que formamos parte dunha comunidade poética, por enriba de calquera circunstancia.
Por enriba de calquera circunstancia todas as galegas e galegos somos Rosalía! E hoxe, máis que nunca, debemos deixar que a súa voz fale en cada unha, en cada un de nós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














