Mostrando entradas con la etiqueta animais fantásticos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animais fantásticos. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de diciembre de 2011

CLUB DE LECTURA DE AULA

O alumnado de 1º ESO descubriu a existencia do gatipedro, un animal fantástico da fauna galega, coa lectura de "Marcelino Pardo", Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro.
Nas sesións de Lingua Galega e Literatura imaxinaron un animal fantástico que podería proporcionar un beneficio ao ser humano, deseñaron o seu aspecto e, co Publisher, crearon unha tarxeta coa que agasallar neste Nadal aos seres queridos.