lunes, 29 de noviembre de 2021

A COMPAÑA

 

O alumnado de 2º ESO expón os seus pósters, elaborados en Canva, despois de investigar sobre a Compaña.




martes, 16 de noviembre de 2021

ARCO DA VELLA

 No mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 1º FPB conseguiu crear no laboratorio un arco da vella dentro dunha probeta, guiado polas profesoras Esther González e Maribel Barata. Para isto usaron azucre, colorante (solutos) e auga (disolvente).

Disolucións: arco da vella

                            Vermello (sen azucre): Nika

                            Laranxa (5 culleradas de azucre): Tatiana

                            Amarelo (10 culleradas de azucre): Adrián

                            Verde (15 culleradas de azucre): Ares

                            Azul (20 culleradas de azucre): Luis

                            Anil (25 culleradas de azucre): Hugo

                            Violeta (30 culleradas de azucre): Carlos

 A disolución con máis azucre (violeta), posto que é a máis densa, irá ó fondo. A anil leva menos culleradas de azucre que a violeta, polo que debería quedar por enriba dela. E así sucesivamente. Se vos fixades, o azul queda por debaixo do anil. Isto quere dicir que leva máis azucre que a disolución coa cor anil (puido deberse a que as culleradas ían cheas de máis...).

Agardamos que vos guste!