miércoles, 30 de noviembre de 2011

DO CASO QUE LLE ACONTECEU AO DOUTOR ALVEIROS

Tras a lectura da obra de Vicente Risco, adaptada por Eugenia Muñoz Fernández, o alumnado de 1º ESO recibiu a visita da exiptóloga que nos relatou a orixe desta obra e interesantes aspectos da época dos faraóns. 
Agradecementos a Eugenia, pola amena charla e pola súa xenerosidade. 




viernes, 25 de noviembre de 2011

VACACIÓNS LECTORAS

Achéganse as vacacións de Nadal e a Biblioteca presenta e difunde entre a comunidade educativa dous folletos, subvencionados polo ENLG do centro, coas lecturas recomendadas para o tempo de lecer dende os departamentos de Castelán, Ciencias, Debuxo, Física, Francés, Galego, Historia e Matemáticas.
Podemos ver o seu contido en O CARTAFOL DO VENTO

lunes, 14 de noviembre de 2011

CLUB DE LECTURA 2º ESO

Constituídos os dous grupos do club de lectura extraescolar, con cadansúa coordinadora, que se reunirán os luns despois da comida na bilioteca, preséntase a obra seleccionada Unha presa de terra.
      A aparición do cadáver dunha moza nun ascensor é o comezo desta novela de intriga e investigación. A trama policial parece estar servida; non obstante, o violento crime apenas deixa pistas que poidan actuar de fío condutor dunha arañeira chea de intrigas e sospeitosos. A detective privada que, por compromiso, se encarga do caso, colabora atipicamente coa policía, cun amor polo medio durante a investigación.
Unha presa de terra foi a narración gañadora do Premio de Novela por Entregas 2001 de La Voz de Galicia.

Establécese a seguinte fórmula de participación:
  1. Lectura individual das entregas marcadas nas reunións.
  2. Posta en común dos aspectos seleccionados polos membros do club (argumento, personaxes, estrutura, tema, tempo, espazo, estilo, ilustracións e relación con outros libros ou películas).