Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS LETRAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS LETRAS. Mostrar todas las entradas
domingo, 17 de mayo de 2020
sábado, 16 de mayo de 2020
lunes, 14 de mayo de 2018
María Victoria Moreno
O alumnado colaborador da biblioteca, de 1º Bacharelato, vén de elaborar un formulario sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, Mª Victoria Moreno.
Busca información, responde o cuestionario e participa no concurso. Boa sorte!
martes, 30 de mayo de 2017
As laranxas
O alumnado de 1º ESO A quixo homenaxear a Carlos Casares coa lectura dramatizada e ilustracións para As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
miércoles, 17 de mayo de 2017
DÍA DAS LETRAS
Celebramos o Día das Letras con imaxes de actividades que o alumnado está a desenvolver para coñecer a obra e homenaxear a figura de Carlos Casares.
Visita tamén O cartafol do vento.
Visita tamén O cartafol do vento.
Ilustración: Álex Souto de Dios, 1º ESO B
viernes, 13 de mayo de 2016
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Biblioteca dá a coñecer o cartel, elaborado por Uxía Oviedo de Dios, que o EDLG publica para conmemorar o Día das Letras Galegas, e ofrece unha selección de fondos de Manuel María para poder traballar nas aulas.
jueves, 14 de mayo de 2015
PRESUME DE GALEGO
Na Semana das Letras, nós tamén queremos presumir e compartir o vídeo que nos achega a Coordinadora de equipos de normalización e dinamización da lingua galega.
martes, 13 de mayo de 2014
MES DAS LETRAS
Achégase o Día das Letras e o alumnado de 1º e 2º ESO busca información para coñecer máis da conmemoración e de Xosé María Díaz Castro, autor de Nimbos, homenaxeado este ano cando se cumpre o centenario do seu nacemento.




jueves, 16 de mayo de 2013
DÍA DAS LETRAS
Na véspera do DÍA DAS LETRAS podemos ver como os taboleiros do centro se enchen coas imaxes de Roberto Vidal Bolaño, a biblioteca expón as súas obras, algunhas xa lidas polo alumnado como Saxo tenor e As actas escuras, e outras agardando polos lectoras/es; e o alumnado de 1º ESO ensaia a lectura dramatizada de Touporroutou da Lúa e do Sol, que representará na despedida do curso.
Continuaremos ao longo do mes achegándonos á obra de Roberto Vidal Bolaño quen tanto e tan ben contribuíu á normalización do teatro e da lingua galega.
Ademais unha canción que nos achega Paco Nogueiras Espirito Vidal Bolaño
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















