martes, 24 de octubre de 2023

Día das Bibliotecas

 Este ano o lema elixido Tecendo Comunidades pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas como centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que nos unen.

E dende a nosa biblioteca queremos achegar mostras desa comunidade tecedora que de xeito voluntario elaborou materiais para a formación de persoas usuarias.






viernes, 20 de octubre de 2023

MEDULA

 O alumnado de 3º de ESO e de Literatura Universal de 1º bacharelato participou hoxe no espectáculo poético-musical Medula de Cristal Méndez e PolonioUnha reflexión sobre a violencia exercida no mundo contra as mulleres. 

Textos creados e interpretados por Cristal con protagonistas femininas, como a Tía Rabina, a muiñeira viguesa de orixe ourensá ou a moza que se libera do seu maltratador. E a música e o soporte audiovisual achegados por Polonio para crear a atmosfera precisa, na que salientou o uso do theremín, que xenerosamente nos deixou probar.

Un pracer contar coa súa presenza.

Cartel de Uxía Fernández e Noa Martínez


















jueves, 19 de octubre de 2023

O GALEGO E AS REDES SOCIAIS

 O alumnado de bacharelato e 4º de ESO gozou hoxe coa amena presentación de Borxa González, fundador de Orgullo Galego, a comunidade en galego máis grande de  Internet, que demostra que crear contido en galego non é limitador e que o galego non ten fronteiras cun repaso ás redes sociais máis populares no momento.

Cartel de Thalía Rodrigues
















miércoles, 18 de octubre de 2023

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA

 No mes das bibliotecas é o momento para que o alumnado de 1º de ESO coñeza as instalacións e servizos que ofrece a biblioteca pública Francisco Carballo de Maceda, da man da súa responsable Avelina Losada. Un bo lugar ao que acudir.





miércoles, 11 de octubre de 2023

A MIRADA POÉTICA DA FOTOGRAFÍA

 Un ano máis, grazas á colaboración entre a biblioteca pública de Maceda e a biblioteca escolar, ao abeiro do programa Ler conta moito, o alumnado de 4º de ESO achegouse da man do fotógrafo Carlos Lorenzo Pérez á fotografía poética, unha modalidade constituída por imaxes que pretenden transmitir unha mensaxe e ás que se lles poden dar varias interpretacións. Unha grata experiencia.

Cartel de Uxía González e Elena Quintas