domingo, 30 de abril de 2017

Gloria Fuertes

No mes do Libro o alumnado de Literaturas Hispánicas de 1º Bacharelato expuxo no corredor da Biblioteca o traballo elaborado sobre Gloria Fuertes e no expositor de Novidades pódense atopar as súas obras.


viernes, 28 de abril de 2017

Día do Libro

Para conmemorar o Día do Libro o Departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou unha semana de Microcine con proxeccións de fragmentos de películas baseadas en obras literarias. 



Tertulias literarias

As alumnas do Club de lectura participaron xunto con outros clubs da provincia na tertulia literaria de Ourense coa novela El desorden que dejas de Carlos Montero. Ao finalizar a tertulia tivo lugar o encontro co autor que respondeu todas as cuestións do alumnado.






viernes, 7 de abril de 2017

Encontro con Amadeo Cobas

Hoxe tivo lugar o encontro con Amadeo Cobas, autor da novela A cacería que o alumnado de 1º ESO leu no segundo trimestre. O alumnado puido resolver todas as dúbidas e gozar coas explicacións e anécdotas que o escritor compartiu con tanta ilusión. Un verdadeiro pracer para todas e todos os asistentes.

miércoles, 5 de abril de 2017

Xornalismo na escola

Xornalismo na Escola é unha iniciativa do Colexio Profesional de Xornalismo de Galicia e a Obra Social "La Caixa" que ten como obxecto inclucar na xuventude o espírito crítico ante a información e as noticias nos medios off line e on line. O alumnado de 3º e 4º de ESO trataron temas como os riscos e as vantaxes das novas tecnoloxías de información e comunicación, a necesidade de mediación, o contraste de fontes e o que pode supor para a xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.


martes, 4 de abril de 2017

Obradoiro de tiras cómicas e viñetas

O alumnado de 2º ESO participou no Obradoiro de tiras cómicas e viñetas, impartido por Xosé Manuel Fernández Montes na Biblioteca Pública de Maceda que ofertou a actividade do programa LER CONTA MOITO.