Os departamentos de Lingua e Literatura, Castelá e Galega, organizan un percorrido literario polas vilas de Rianxo e A Pobra do Caramiñal para achegarse ás figuras de Castelao, Dieste, Manuel Antonio e Valle_Inclán.
Mostrando entradas con la etiqueta 2º Bacharelato. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º Bacharelato. Mostrar todas las entradas
martes, 28 de febrero de 2023
domingo, 26 de febrero de 2023
RIANXO LITERARIO
O departamento de Lingua Galega e Literatura organiza un percorrido literario pola vila de Rianxo, berce de tres clásicos das letras do século XX: Castelao, Dieste e Manuel Antonio.
viernes, 25 de febrero de 2022
viernes, 22 de diciembre de 2017
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
No Festival de Nadal celebrado no centro puidemos ver o vídeo elaborado polo alumnado de 2º Bacharelato e no que participou alumnado e profesorado para actuar contra a violencia machista.
jueves, 29 de junio de 2017
Premios San Clemente
As alumnas do Club de lectura veñen de recoller os exemplares dos finalistas nos Premios San Clemente, organizados polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, para comezar a súa lectura nas vacacións de verán. Parabéns ás afortunadas.
Dúas alumnas formarán parte do xurado de Novela en Lingua Galega:
- Non hai outro camiño de Isaac Xubín.
- Nordeste de Daniel Asorey.
- Todo canto fomos de Xosé Monteagudo.
Dúas farano no de Novela en Lingua Castelá:
- Esa puta tan distinguida de Juan Marsé.
- La noche de la Usina de Eduardo Sacheri.
- Patria de Fernando Aramburu.
E as outras dúas, no de Novela en Lingua Estranxeira:
- Brújula de Mathias Enard.
- La guitarra azul de John Banville.
- Morir en primavera de Ralf Rothmann.
lunes, 19 de junio de 2017
X Xornada dos Clubs de lectura
O sábado 17 de xuño participamos na X Xornada dos Clubs de lectura, celebrada no Palacio de congresos e exposicións de Santiago de Compostela, cun amplo programa de obradoiros destinados ao alumnado participante e actividades para compartir experiencias e lecturas. E nós tamén nos somerxemos na Festa da Lectura.
Para ver máis:
viernes, 28 de abril de 2017
Tertulias literarias
As alumnas do Club de lectura participaron xunto con outros clubs da provincia na tertulia literaria de Ourense coa novela El desorden que dejas de Carlos Montero. Ao finalizar a tertulia tivo lugar o encontro co autor que respondeu todas as cuestións do alumnado.
viernes, 10 de marzo de 2017
Día da Muller
Conmemoramos o Día da Muller no IES San Mamede cun paro simbólico e a lectura dun manifesto, pero ademais o alumnado de 2º Bacharelato realizou un traballo de investigación para analizar a situación actual en diferentes ámbitos da sociedade que publicaron no taboleiro da biblioteca.
lunes, 27 de febrero de 2017
Día de Rosalía
Para conmemorar o Día de Rosalía nada mellor que o recitado dos seus poemas. O alumnado de 2º ESO como proxecto oral do segundo trimestre e as mozas e mozos de 2º Bacharelato como acto pracenteiro.
viernes, 3 de febrero de 2017
Tertulias Literarias
As alumnas do Club de lectura de Bacharelato veñen de participar nas Tertulias literarias organizadas polo Concello de Ourense sobre a novela As horas roubadas de María Solar e no encontro coa autora.
miércoles, 22 de junio de 2016
POETIZANDO
A poesía non morde, non fai dano e, aínda que haxa quen
pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin cursi, nin difícil. E
hai moitos tipos de poesía para que elixamos. Fran Alonso.
O alumnado de 2º Bacharelato despide o curso con recomendacións poéticas para o verán e para sempre.
sábado, 4 de junio de 2016
ENCONTRO CON DIEGO AMEIXEIRAS
O alumnado de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato asisitiu ao encontro con Diego Ameixeiras, autor das obras de lectura común do terceiro trimestre na materia de Lingua Galega e Literatura.
miércoles, 13 de abril de 2016
ENCONTRO CON YOLANDA CASTAÑO
Organizado en colaboración coa Biblioteca Pública e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivo lugar o encontro da poeta Yolanda Castaño co alumnado de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato no Salón Rosalía de Castro.
lunes, 16 de marzo de 2015
ENCONTRO CON CARLOS VILA SEXTO
O día 13 de marzo
visitou o noso centro o autor Carlos Vila Sexto para falarnos das súas novelas As sete
mortes e Gárgola. Acompañado
dunha longa e divertida exposición foi
comentando como comezou a escribir dende cativo, os seus gustos e afeccións, os
seus autores preferidos etc… Explicou que á hora de escribir, tanto se inspira
en novelas ou películas, como en cómics ou videoxogos. Contounos que el de
cativo non só lía, senón que tamén lle gustaba ver moito cine e debuxos animados.
Despediuse dun xeito especial alentando
a todo o alumnado a prestar atención nas clases para poder así ter máis tempo
libre na casa e aproveitar para, a quen lle guste, escribir e mostrar ao mundo
as súas capacidades. Por último lembrou que, se o desexamos, todos podemos chegar
a ser escritores.
(Cindy Conde Groux, 3º ESO C)
viernes, 20 de febrero de 2015
MUSEO DE PONTEVEDRA
O alumnado de 2º Bacharelato achégase ao Museo de Pontevedra para realizar unha visita guiada polo sexto edificio emprazado detrás da igrexa parroquial de San Bartolomeu e do edificio Sarmiento co que comunica.
As vinte e tres salas de exposición permanente proporcionan un percorrido pola evolución da arte galega dende o gótico ata a actualidade, así como as manifestacións doutros lugares de España, dende os gravados de Goya ata obras de mediados do século XX.
Obviamente, unha parada especial para observar e gozar as obras de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























