lunes, 19 de junio de 2017

X Xornada dos Clubs de lectura

O sábado 17 de xuño participamos na X Xornada dos Clubs de lectura, celebrada no Palacio de congresos e exposicións de Santiago de Compostela, cun amplo programa de obradoiros destinados ao alumnado participante e actividades para compartir experiencias e lecturas. E nós tamén nos somerxemos na Festa da Lectura.



Para ver máis:



2 comentarios:

  1. Esta actividade pareceume moi interesante polo feito de pasar o día en Santiago realizando obradoiros e compartindo opinións literarias con outros rapaces da nosa idade de todas as partes de Galicia. Ademais disto asistimos a representacións, encontros con autores e tamén recibimos uns tickets para poder comer o que quixésemos, foi unha experiencia moi boa.

    ResponderEliminar
  2. O pasado día 17 de xuño asistimos a unha xuntanza de clubs de lectura en Santiago. A actividade foi moi boa idea, pois asistimos a dous obradoiros a elixir, no meu caso de dramatización e dobraxe, vimos a entrega do premio a Miguelanxo Prado, unha charla de César Mallorquí etc. Ao longo da xornada realizáronse actuacións e comemos ao aire libre, unha idea boa en esencia, pero mal realizada pola calor que facía.

    ResponderEliminar