viernes, 27 de mayo de 2022

jueves, 26 de mayo de 2022

ENCONTRO CON EVA MEJUTO

 Eva Mejuto visita o IES San Mamede para encontrarse co alumnado de 3º ESO que leu a súa novela 22 segundos. A autora compartiu co seu lectorado a orixe da idea para escribir a primeira novela galega que trata sobre as persoas trans, a súa intencionalidade, as fontes de información manexadas e as decisións técnicas no proceso de creación.

 O alumnado achegou á xuntanza os carteis confeccionados con GIMP que, ademais de imaxes da novelista e da cuberta do libro, recollen citas da obra.


















viernes, 13 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 A biblioteca dá a coñecer as obras de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este ano. Na páxina da Real Academia Galega pódese atopar información sobre a súa vida e obra.





jueves, 5 de mayo de 2022

DÍA DA POESÍA

 Alumnado e profesorado do centro foron convidados a participar no certame de poesía a través dun formulario de Google. Podedes ver os Poetuits que se presentaron e votar ata o día 16 de maio a través do formulario recibido no correo electrónico.