jueves, 26 de mayo de 2022

ENCONTRO CON EVA MEJUTO

 Eva Mejuto visita o IES San Mamede para encontrarse co alumnado de 3º ESO que leu a súa novela 22 segundos. A autora compartiu co seu lectorado a orixe da idea para escribir a primeira novela galega que trata sobre as persoas trans, a súa intencionalidade, as fontes de información manexadas e as decisións técnicas no proceso de creación.

 O alumnado achegou á xuntanza os carteis confeccionados con GIMP que, ademais de imaxes da novelista e da cuberta do libro, recollen citas da obra.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario