Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
domingo, 17 de mayo de 2020
sábado, 16 de mayo de 2020
martes, 29 de octubre de 2019
ENTRE UNIVERSO E TINTA
Con Entre universo e tinta [astronomía e poesía, science poetry] a escritora Estíbaliz Espinosa compartiu co alumnado de 3º e 4º ESO que se pode aprender ciencia a través da poesía e valorar a importancia da investigación e do coñecemento tecnolóxico, ámbitos nos que tamén tiveron, teñen e terán un importante papel as mulleres, aínda que haxa que seguir loitando polo recoñecemento e pola igualdade.
lunes, 4 de mayo de 2015
PENÚLTIMAS TENDENCIAS
Penúltimas tendencias, escrito por Carlos Negro, é un libro de poemas cuxa voz poética é a dunha adolescente que rompe o clixé da adolescencia rosa, contrapóndoa coa das mozas que visten de negro e se rebelan contra todo e contra todos.
O positivo deste libro apréciase na intención do autor de dignificar a muller nuns tempos nos que continuamente nos bombardean con publicidade enganosa e escravizantes estereotipos. Ademais, un arsenal de denuncias de temas que, desafortunadamente, están en auxe, destacando a violencia de todo tipo, a inxustiza, a penosa situación da muller e a manipulación á que estamos expostos. Tamén destaca o feito de ser un libro xuvenil, dirixido a esas mozas que están buscando a súa identidade.
Por outra banda, o autor foxe dunha xeneralización, a da adolescente de rosa superficial e interesada en revistas de adolescentes, en Disney Channel ou na lista de éxitos dos 40 principais, para meterse noutra, a da adoelscente rebelde que pasa de tacóns, maleducada, que "fai cachizas as fotos da infancia", viste de negro e elixe "o vestido máis feo". Pero, acaso para ser fiel a unha mesma, hai que pintar as unllas e as paredes de negro, esnaquizar as fotos ou vestir roupa fea?
Eu penso que non. Unha muller debe buscar a súa beleza, esa que a ela lle gusta, non aos demais. Seguir unha moda non ten nada de malo se se fai porque gusta e non porque todos o fagan. Unha muller non mostra personalidade por vestir de negro, non se trata da roupa, e Carlos Negro limítase ás aparencias: o importante é mostrar que non se é coma as demais. Non obstante, é de agradecer a defensa dos dereitos da muller, presente en todo o libro.
ALBA CARRERA DOVAL, 2º BACHARELATO
viernes, 14 de marzo de 2014
DE ROSALÍA E DA MULLER
Pasados os días sinalados para as conmemoracións, 24 de febreiro e 8 de marzo, dende a Biblioteca achégase lectura para saborear con tempo.
Por unha banda, a poesía de Rosalía [82P] e a novela de Pedro Feijoo, publicada por Xerais, A memoria da choiva [82N], un thriller ambientado en Compostela e que lle dá protagonismo á primeira edición de Follas novas.
Por outra banda, a muller, dende diferentes épocas, funcións e perspectivas, a través da biografía [92] e da historia [94].
miércoles, 13 de marzo de 2013
CERTAME LITERARIO MARÍA BALTEIRA
O alumnado do IES San Mamede participou no I Certame de literatura feminista María Balteira convocado para os centros de Allariz, Maceda e Xinzo de Limia.
Na primeira fase foron seleccionados catro traballos, dous relatos e dous poemas, e as autoras asistiron á entrega de premios celebrado o 8 de marzo na Casa da Cultura de Xinzo. A encargada de seleccionar as obras premiadas foi a poeta Marta Dacosta que gabou a participación e a calidade de todas as producións, aínda que só se puidese premiar unha por modalidade e categoría.
Parabéns a todos os participantes e, especialmente, ás galardoadas:
Andrea Cid López
Alba González González
María Losada González
Erika Novoa Conde
viernes, 14 de diciembre de 2012
RECITANDO CELSO EMILIO
Organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o IES San Mamede participou na actividade Recitando Celso Emilio o 12/12/12 ás 12 horas.
O Equipo de Apoio da Biblioteca, constituído polo alumnado de 2º ESO A, colaborou coa confección da pancarta para o acto e a biblioteca expuxo as obras do autor homenaxeado, recomendadas especialmente para as vacacións lectoras do alumnado de Bacharelato.
RECITANDO CELSO EMILIO on PhotoPeach
jueves, 29 de marzo de 2012
POETIZÁMONOS
Coa lectura de Cidades e o encontro con Fran Alonso a poesía inundou as aulas de 2º ESO e o alumnado compuxo os seus poemas para o libro colectivo Aldeas e vilas.
viernes, 23 de marzo de 2012
ENCONTRO CON FRAN ALONSO
Fran Alonso acudiu ao centro para encontrarse coas lectoras e lectores de varias das súas obras: a poesía de Cidades e Poetízate e a narrativa de Cemiterio de elefantes e Cartas de amor.
Para a presentación, Adrián Blanco Blanco, de 2º ESO, creou este vídeo lendo un dos poemas de Cidades.
Aquí algunhas das imaxes do encontro co escritor que nos fixo vibrar coa poesía.
Para a presentación, Adrián Blanco Blanco, de 2º ESO, creou este vídeo lendo un dos poemas de Cidades.
Aquí algunhas das imaxes do encontro co escritor que nos fixo vibrar coa poesía.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











