Mostrando entradas con la etiqueta 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4º ESO. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de octubre de 2024

As raíces da escritura creativa

 O alumnado de 4º ESO participou no obradoiro de escrita creativa impartido por Ana Abad. Un amplo abano de actividades para romper o xeo, facer quecemento, escribir sen ningunha condición, introducir unha determinada palabra ou crear coa suxestión da música escoitada para finalmente compartir as creacións coas compañeiras/os.










viernes, 12 de mayo de 2023

ENCONTRO CON BERTA DÁVILA

 No Salón Rosalía de Castro produciuse o encontro con Berta Dávila que respondeu as preguntas das lectoras e lectores de Un elefante na sala de estar e asinou os seus libros. 

 Unha charla amena e ilustrativa sobre o proceso creador, os temas, os personaxes e o obxectivo final da súa novela.









miércoles, 10 de mayo de 2023

martes, 28 de febrero de 2023

PERCORRIDO LITERARIO

 Os departamentos de Lingua e Literatura, Castelá e Galega, organizan un percorrido literario polas vilas de Rianxo e A Pobra do Caramiñal para achegarse ás figuras de Castelao, Dieste, Manuel Antonio e Valle_Inclán.














domingo, 26 de febrero de 2023

RIANXO LITERARIO

 O departamento de Lingua Galega e Literatura organiza un percorrido literario pola vila de Rianxo, berce de tres clásicos das letras do século XX: Castelao, Dieste e Manuel Antonio.


jueves, 9 de junio de 2022

ENCONTRO CON DAVID TRUEBA

 O alumnado do Club de lectura acudiu o xoves pola tarde ao encontro con David Trueba, no Liceo ourensán. 

 O autor de El río baja sucio, novela compartida nos faladoiros literarios,  respondeu todas as cuestións propostas, ampliando os puntos de vista. A contaminación medioambiental, as relacións humanas, a hipocrisía son temas presentes, pero a idea principal que pretende transmitir é que a vida é sucia e cómpre saber nadar para subsistir intentando non aumentar a sucidade existente.














viernes, 1 de abril de 2022

MONÓLOGO "STOP MACHISMO"

 Damián Alonso presenta para o alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato o monólogo Stop machismo, homofobia, transfobia e xenofobia. Unha actividade organizada pola biblioteca escolar para o fomento da igualdade e o respecto á diversidade.

Asiste tamén Mª José Garrido, a responsábel en Galicia da asociación Euforia Familias Trans-Aliadas.










jueves, 31 de marzo de 2022

VISITA Á CASA DOS POETAS

 O alumnado de 3º e 4º de ESO viaxa a Celanova para coñecer a Casa dos Poetas, a igrexa e claustros do mosteiro de San Salvador e a biblioteca do IES Celanova. Ademais escoita o órgano da igrexa grazas á colaboración da profesora Irma Fernández e recita poemas de Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. E, finalmente, descobre a aula onde se gravou a serie El desorden que dejas de Carlos Montero.





















lunes, 26 de octubre de 2020

OS HOMES E AS MULLERES

 O alumnado de 4º ESO analiza, da man de Beatriz Lema, as imaxes empregadas nos medios de comunicación para representar as persoas. A actividade, integrada no programa Ler conta moito, desenvolveuse na biblioteca pública de Maceda.