lunes, 19 de diciembre de 2022

TARXETA DE NADAL

 O alumnado de 2º ESO confeccionou unha tarxeta para felicitar o Nadal cunha mensaxe contra a violencia de xénero.





miércoles, 30 de noviembre de 2022

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 O alumnado de 3º ESO crea cantigas, imitando os trobadores medievais, para expresar o desexo dun amor san, sen violencia, sen control, sen posesión.




jueves, 24 de noviembre de 2022

Club de lectura

Reúnese o Club de lectura Pasamos Páxina para iniciar a lectura de Golpes de luz de Ledicia Costas, obra elixida para as Tertulias literarias do Concello de Ourense que agasalla ao alumnado con cadanseu exemplar.





lunes, 21 de noviembre de 2022

domingo, 23 de octubre de 2022

Visita á biblioteca pública

 O alumnado de 1º ESO coñece a biblioteca pública Francisco Carballo de Maceda da man de  Avelina Losada, a bibliotecaria, que lles explica os servizos ofertados e as vantaxes do carné lector.













viernes, 14 de octubre de 2022

Voluntariado na biblioteca

 


Xa está aberto o prazo para apuntarse no programa de voluntariado da biblioteca. Podes participar en variadas actividades:

  • Na xestión de documentos
  • Na dinamización dos fondos
  • No equipo de redacción da revista Esparaván
  • No grupo de teatro Dramamede
  • Na sección de encadernación

Crea o teu relato!

 O alumnado de 3º ESO gozou co obradoiro de creación narrativa impartido por Andrea Barreira Freije, unha actividade do programa Ler conta moito. 









miércoles, 5 de octubre de 2022

Aprende a ler en voz alta!

 O alumnado de 2º ESO participou activamente no obradoiro para aprender a ler en voz alta, impartido por Damián Alonso e inserido no programa Ler conta moito.  






viernes, 30 de septiembre de 2022

Diplomas ao voluntariado

 Comezan as actividades da biblioteca escolar coa entrega de diplomas ao alumnado colaborador do curso pasado. Parabéns polo seu traballo solidario.








lunes, 27 de junio de 2022

REVISTA ESPARAVÁN

 Dámoslle a benvida á revista Esparaván que inicia unha nova andaina. Parabéns ao seu editor, Miguel Franqueira, e a todas as colaboradoras e colaboradores.


CATÁLOGO VIRTUAL

 Pablo Chaves e Antía Gómez, membros do equipo de voluntariado, amósannos neste vídeo como acceder ao catálogo virtual da nosa biblioteca. 




miércoles, 15 de junio de 2022

PLAN LÍA

 A biblioteca expón os fondos de contidos informativos, seleccionados polos departamentos didácticos, que foron adquiridos durante este curso coa dotación do Plan LÍA de bibliotecas escolares. 








jueves, 9 de junio de 2022

ENCONTRO CON DAVID TRUEBA

 O alumnado do Club de lectura acudiu o xoves pola tarde ao encontro con David Trueba, no Liceo ourensán. 

 O autor de El río baja sucio, novela compartida nos faladoiros literarios,  respondeu todas as cuestións propostas, ampliando os puntos de vista. A contaminación medioambiental, as relacións humanas, a hipocrisía son temas presentes, pero a idea principal que pretende transmitir é que a vida é sucia e cómpre saber nadar para subsistir intentando non aumentar a sucidade existente.














viernes, 27 de mayo de 2022