Mostrando entradas con la etiqueta lecturas comúns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas comúns. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de mayo de 2019

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

As lectoras e lectores do IES San Mamede reciben a Ledicia Costas para dialogar con ela sobre as obras lidas durante o segundo trimestre: A señorita Bubble, O corazón de Xúpiter, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Unha estrela no vento e Un animal chamado néboa.










viernes, 19 de diciembre de 2014

READING

O departamento de Inglés vén de traballar a lectura no primeiro trimestre cos seguintes títulos da editorial Burlington:
Five children and it de Edith Nesbit co alumnado de 1º ESO

The phantom of the opera de Gaston Leroux en 3º ESO

The woman in white de Wilkie Collins para o alumnado de 1º Bacharelato

Agardamos os comentarios das lectoras e lectores dos textos.

viernes, 30 de noviembre de 2012

ENCONTRO CON RAMÓN CARIDE

O 22 de novembro tivo lugar o encontro con Ramón Caride, autor de A negrura do mar, obra lida en 1º ESO como iniciación ao Club de lectura, e do libro de relatos Exogamia 0.3, lectura común para o alumnado de 2º ESO na materia de Lingua Galega e Literatura.
No encontro o alumnado e profesorado puideron gozar da proximidade do autor que agradeceu e valorou o traballo realizado polas lectoras/es das súas obras, respondeu as súas preguntas, asinou exemplares e compartiu as súas reflexións sobre a literatura e as actitudes negativas dalgunhas persoas con respecto ao medio e ao resto da humnaidade.
Un pracer volver contar coa presenza de Ramón Caride a quen agardamos ver de novo.

ENCONTRO CON RAMÓN CARIDE - foto montaje

lunes, 4 de junio de 2012

ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO

Contamos de novo coa presenza de Francisco Castro, un autor lido e valorado polo alumnado do centro. Desta volta, as obras foron Chamádeme Simbad, O ceo dos afogados e O segredo de Marco Polo en 1º, 2º e 3º ESO.
O alumnado presentou o autor, escoitouno, divertiuse e aprendeu con el; logo amosoulle os seus traballos coas ilustracións para Simbad, os cómics coa historia dos golfiños e un vídeo coa lectura dun fragmento de O ceo dos afogados; e, finalmente, despois de que lles asinase os libros, posaron para as fotos.

ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO on PhotoPeach

domingo, 27 de mayo de 2012

LEMOS E CREAMOS II

Continuamos preparando o encontro con Francisco Castro e desta volta achegamos os cómics inspirados na novela O ceo dos afogados, lectura común para o alumnado de 2º ESO.


ROCÍO GARCÍA MOJÓN

MIREIA NÚÑEZ DOCABO


               



lunes, 21 de mayo de 2012

LEMOS E CREAMOS

A lectura d'O ceo dos afogados  en 2º ESO estanos a proporcionar os primeiros froitos das producións do alumnado. Neste caso, a lectura que Raquel Souto Janeiro realiza de dous cortes centrados nos sentimentos dos animais e a de Pablo Cid González que extrae unha proposta de vida harmoniosa. Unha delicia.



martes, 1 de mayo de 2012

RUTAS DO MUSEO

Rematando abril viaxamos a Lugo para participar nas Rutas Literarias organizadas polo Museo Provincial, unha actividade didáctica coa que, baseándose nos contidos e nas ilustracións de Contos do museo, procuran que o alumnado goce dunha inesquecible experiencia, e no noso caso así foi.
Tamén houbo tempo para aprender a compracerse coas obras expostas nas distintas salas e pasear polas rúas da cidade.


RUTAS DO MUSEO on PhotoPeach

lunes, 16 de abril de 2012

CONTADAS DO MUSEO

O alumnado de 2º ESO compartiu no 2º trimestre a lectura común de Contos do museo, composto polos relatos de Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda que se acompañan coas ilustracións de Paco Pestana, Macía, Xoán M. Balboa e Alejandro Carro.
Tras a posta en común das análises dos relatos, as alumnas e alumnos continuaron a interaccionar coa obra e, agrupados en equipos, ensaiaron, gravaron e editaron as súas Contadas:
Visita nocturna por Jualián Blanco, Kelly Estévez e Raquel Souto.


A serpe de pedra por Ádam Alonso, Miguel Gullón e Mireia Núñez.

lunes, 19 de diciembre de 2011

CLUB DE AULA

 Antes das vacacións de Nadal editamos a listaxe de lecturas comúns para o 2º trimestre, libros que se poden converter nun bo agasallo por estas datas.

domingo, 16 de octubre de 2011

LECTURAS COMÚNS

Velaquí as lecturas comúns, nas materias de Lingua Castelá e Literatura e Lingua Galega e Literatura, para o primeiro trimestre do curso.
Gocemos delas.

LECTURAS COMÚNS on PhotoPeach