O 22 de novembro tivo lugar o encontro con Ramón Caride, autor de A negrura do mar, obra lida en 1º ESO como iniciación ao Club de lectura, e do libro de relatos Exogamia 0.3, lectura común para o alumnado de 2º ESO na materia de Lingua Galega e Literatura.
No encontro o alumnado e profesorado puideron gozar da proximidade do autor que agradeceu e valorou o traballo realizado polas lectoras/es das súas obras, respondeu as súas preguntas, asinou exemplares e compartiu as súas reflexións sobre a literatura e as actitudes negativas dalgunhas persoas con respecto ao medio e ao resto da humnaidade.
Un pracer volver contar coa presenza de Ramón Caride a quen agardamos ver de novo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario