Mostrando entradas con la etiqueta 2º BAC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º BAC. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

O alumnado de 2º bacharelato conmemora o Día do Libro coa recomendación de lecturas realizadas en galego, castelán, francés e inglés.

 



 
 

 

martes, 25 de febrero de 2014

ROTEIRO LITERARIO

Para o alumnado de Bacharelato, o departamento de Lingua Galega e Literatura programa como actividade complementaria e extraescolar un percorrido histórico-artístico por  San Cibrao de Las, Oseira e Trasalba que ten como fío condutor algúns textos de Ramón Otero Pedrayo: 

Temos en Galiza unha arte fondamente representativa dende os moimentos máxicos ou relixiosos da alborada céltiga e da mocedá do románico hastra os luxosos crepúsculos do noso barroco.
"Encol da aldeia", Nós, 1922

Cando o chocolate fumegaba nos pocillos fondos cun ulido de virreinato, o exclaustrado remontábase ás orixes de Oseira.(...) De alí a pouco, cismando no asunto, cheguei a ollar cos ollos de auga da imaxinación as verdadeiras orixes de Oseira. Vóullelas contar en poucas verbas.
Os camiños da vida, Nós, 1928