Para o alumnado de Bacharelato, o departamento de Lingua Galega e Literatura programa como actividade complementaria e extraescolar un percorrido histórico-artístico por San Cibrao de Las, Oseira e Trasalba que ten como fío condutor algúns textos de Ramón Otero Pedrayo:
Temos en Galiza unha arte fondamente representativa dende os moimentos máxicos ou relixiosos da alborada céltiga e da mocedá do románico hastra os luxosos crepúsculos do noso barroco.
Temos en Galiza unha arte fondamente representativa dende os moimentos máxicos ou relixiosos da alborada céltiga e da mocedá do románico hastra os luxosos crepúsculos do noso barroco.
"Encol da aldeia", Nós, 1922
Cando o chocolate fumegaba nos pocillos fondos cun ulido de virreinato, o exclaustrado remontábase ás orixes de Oseira.(...) De alí a pouco, cismando no asunto, cheguei a ollar cos ollos de auga da imaxinación as verdadeiras orixes de Oseira. Vóullelas contar en poucas verbas.
Os camiños da vida, Nós, 1928
No hay comentarios:
Publicar un comentario