martes, 18 de febrero de 2014

A ESMORGA

Xa comezou en Ourense a rodaxe d'A esmorga, a nova película de Ignacio Vilar, baseada na novela homónima de Eduardo Blanco Amor. Miguel de Lira será Cibrán, Antonio Durán "Morris" interpretará o papel de Eladio Vilarchao  e Karra Elejalde representará a Juan Fariña.

22 comentarios:

  1. O libro A esmorga de Eduardo Blanco Amor gustoume, sobre todo porque aprendín como se divertía a xente de Ourense a finais do século XIX, os bares ós que ían e o que facían . Pareceume unha obra moi crible, xa que son feitos que poden suceder na actualidade. O único punto negativo é a linguaxe empregada xa que dificulta a lectura.

    ResponderEliminar
  2. Da obra narrativa A esmorga, cuxo autor é Eduardo Blanco Amor, gustoume a ambientación, xa que Ourense é unha cidade cercana a min que coñezo desde que nacín. Non me gustou a linguaxe empregada, porque é dificil de comprender; emocionoume o momento que Cibrán vive co seu fillo de catro anos e sorprendeume o carácter que ten o Bocas, xa que é unha persoa que sempre quere ter o control da situación sobre os seus compañeiros. Recoméndolle este libro aos lectores que lles gusten as historias de época e de amizade.

    ResponderEliminar
  3. A esmorga de Eduardo Blanco Amor é unha obra que me gustou moito porque está ambientada en Ourense, xa que é un lugar moi próximo a min, tamén me gustou como Cibrán defendía a súa inocencia en todo momento. Desgustoume a forma de ser de Bocas porque é moi machista, afectoume moito o que lle sucedeu a Socorrito e pareceume moi difícil a linguaxe que o protagonista utiliza.

    ResponderEliminar
  4. A esmorga de Eduardo Blanco Amor é unha obra que me gustou moito porque está ambientada en Ourense, non me gustou o vocabulario e a violencia que hai entre os personaxes, sorprendeume moito o que lle sucedeu a Socorrito e o final de Cibrán.

    ResponderEliminar
  5. A esmorga de Eduardo Blanco Amor gustoume por que está ambientada en Ourense, polo tanto son lugares que coñezo, tamén me gustou a linguaxe, porque fai que a obra sexa máis crible e verosímil. Non me gustou o final aberto, porque non sabes cal é o final de Cibrán, emocionoume cando o fillo de Cibrán lle di ó seu pai que non ten frío cando el está na casa e sorprendeume que o Bocas rexeitase á Viguesa.

    ResponderEliminar
  6. A esmorga, obra escrita por Eduardo Blanco Amor, gustoume porque fai referencia a temas da actualidade, sorprendeume como se descobre a verdadeira identidade da muller tan fermosa do pazo do Andrade, pero non me gustou o tipo de linguaxe xa que fai bastante difícil a compresión da obra.

    ResponderEliminar
  7. A obra A Esmorga de Eduardo Blanco Amor e un libro que a pesar da difícil lectura gustoume pola variedade de temas, desgustoume que os personaxes foran tan machistas, aprendín que hai que ter conta coa bebida alcohólica porque cando pasas dun limite convérteste nunha persoa diferente, relacioneino coa vida real, xa que os temas que trata reflexan claramente a vida de hoxe en día.

    ResponderEliminar
  8. A esmorga é unha novela de Eduardo Blanco Amor que non me gustou moito, xa que o vocabulario e a linguaxe que utiliza o autor dificultoume a súa comprensión. Aínda que non fose do meu agrado a linguaxe, houbo partes do libro que me sorprenderon, sobre todo ao final, como acaban cada un dos esmorguistas que protagonizan esta historia. Algo polo que o libro lle pode gustar ao resto da xente é porque os temas que trata son moi actuais.

    ResponderEliminar
  9. A esmorga de Eduardo Blanco Amor é unha obra que me gustou porque está ambientada en Ourense, a cidade na que resido, polo que puiden recoñecer moitos dos lugares polos que ían pasando os protagonistas da novela. A linguaxe que utilizan os persoaxes da súa obra utilizan unha linguaxe que me dificultou a lectura pero ca que consegue darlle verosimilitude a súa obra. Resúltame interesante que se traten temas que hoxe por hoxe se manteñen, e que moitos deles non están aínda superados. Por último, aprendín que hai que ter coidado co consumo de bebidas alcohólicas.

    ResponderEliminar
  10. A esmorga de Eduardo Blanco Amor gustoume que o tema principal fora a esmorga, pois informa das consecuencias que conleva. Desgustoume que ao final os personaxes acaben todos de forma tan tráxica. Sorprendeume os descubrimentos que fan arredor da casa sos Andrade. Emocionáronme as palabras que lle dirixe o fillo de Cibrán a seu pai. Relacioneino con temas da actualidade pois a historia podería ocorrer hoxe en día. Para rematar, recomendo este libro a persoas que lles interese ver o que pode pasar a xente que sae de esmorga e non controla os seus actos e que busquen unha lectura verosímil.

    ResponderEliminar
  11. Gustoume o compañeirismo que hai entre os personaxes, non me gustou a excesiva violencia que se mostra, resultoume fácil de ler e seguir o fío da historia, xa que trancorre en Ourense e eu son desa zona e, finalmente, sorprendeume o final xa que non o agardaba.

    ResponderEliminar
  12. A obra, en xeral, gustoume sobre todo pola ambientación, xa que transcorre en Ourense, tamén me gustou a temática porque trata de sucesos que están a acontecer hoxe en día, tamén porque a medida que vas lendo vaste sentindo identificado, sorprendeume o tráxico final, o único que me desgustou foi o léxico xa que é complexo.

    ResponderEliminar
  13. A esmorga gustoume moito porque non agardas a maioría das accións que ocorren ao longo do relato. Non me gustou que o final da historia fose tan tráxico. Sorprendeume que Cibrán non deixase aos outros dous esmorguistas para ir coa Raxada, pois el tentaba comezar unha nova vida con ela e, para rematar, relacioneina cunha historia que miña avoa me contaba cando eu era neno.

    ResponderEliminar
  14. A esmorga, obra de Blanco Amor, gustoume porque podes observar a forma de vida da sociedade do século XIX . Desgustoume o suceso que lle ocorre a Socorrito case ao remate da obra. Sorprendeume o final tráxico do protagonista. Emocionoume o descubrimento do segredo dos Andrada. Relacioneino cunha novela chamada Noche de Viernes na que se conta tamén unha serie de sucesos que ocorren nunha noite cun final inesperado.

    ResponderEliminar
  15. A esmorga é unha obra de Eduardo Blanco Amor. Gustoume porque non sabes o que lle ocorrerá aos personaxes principais ata que finaliza a novela, desgustoume que poida haber dous finais para Cibrán e que os dous sexan tráxicos. Sorprendeume a relación que o Milhomes ten co Bocas porque só o pasaban ben xuntos pero borrachos. Aprendín que é moi difícil cambiar a forma de ser, xa que Cibrán prometéralle á Raxada que sería traballador e responsable e non o cumpre. Por último, relacioneino coa vida porque a temática é moi actual.

    ResponderEliminar
  16. A esmorga. Eduardo Blanco Amor. Esta obra gustoume moito porque, aínda que ao comezo non entendía o que sucedía porque ten un vocabulario de difícil comprensión, pareceume moi orixinal polos temas que trata e a forma de narrar os feitos. Sorprendeume o final porque é inesperado e tráxico, e desgustoume a forma de ser, machista e violenta, do Bocas. Por outra banda, gustoume que a novela estivese ambientada en Ourense, porque identifico os lugares polos quese moven os personaxes.

    ResponderEliminar
  17. O libro A Esmorga, escrito por Eduardo Blanco Amor, gustoume xa que ao estar ambientado en Ourense, puiden orientarme durante o paso da historia e saber en que lugares se desenvolve sen ter problema ningún, ademais de sentirme identificada co lugar onde transcorren as accións. Desgustoume a forma tan despectiva que teñen os homes de referirse as mulleres das casas de alterne, xa que todos son alcumes periorativos. Sorprendeume o final tan tráxico dos tres amigos e aprendín que hai que facer sempre o ben, e non deixarse influenciar por terceiras persoas. Relacioneino con algunhas noites de festa do século XXI, que por desgraza teñen o mesmo desenlace que este libro.

    ResponderEliminar
  18. A esmorga é unha obra tráxica de Eduardo Blanco Amor. Gustoume xa que a relacionei moito coa actualidade, porque seguen ocorrendo acontecementos así entre a mocidade. Sorprendeume moito, que a rapaza tan fermosa da casa dos Andrada, non fose coma todos pensaban. Resultoume complexo a maneira de falar dos personaxes. Identifiqueime coa obra polo feito de coñecer Ourense, porque identificaba as rúas por onde se desprazaban as tres personaxes principais. Emocionoume, o tráxico final para o protagonista e os seus amigos.

    ResponderEliminar
  19. (Pablo Cid González) A esmorga gustoume por que é unha obra que aborda diferentes temas, incluso se se unha parte da historia non che gusta sempre pode haber outra que si. O único que non me gustou é a linguaxe, xa que ao estar en galego prenormativo dificulta, en ocasións, a súa comprensión. Por último, sorprendeume bastante que o final sexa tan tráxico.

    ResponderEliminar
  20. (Raquel Souto Janeiro) A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, é unha obra literaria que me gustou bastante, xa que conta unha historia moi verosímil e que engancha. Ao principio, entender os feitos costa un pouco, pero en canto un se comeza a introducir na trama empeza a querer saber o final. O que menos me gustou foi a linguaxe empregada, que dificultaba a compresión, e que o narrador, Cibrán, se dispersara tanto á hora de contar pequenos detalles. Non obstante, é unha obra moi boa e recoméndolla a calquera persoa á que lle guste ler e queira pasar un rato agradable e entretido con ela.

    ResponderEliminar
  21. (andreaBarreiro)A esmorga de Eduardo Blanco Amor está ambientado en Ourense do século XIX.O que me gustou do libro foi que está ambientado en Ourense,desgustoume que os persoaxes morresen,emocionoume que o rapaz diga que cando está o pai alí non ten frío e aprendín máis sobre como pode rematar unha festa en traxedia.

    ResponderEliminar
  22. A esmorga de Eduardo Blanco Amor gustoume porque é unha novela diferente ás que teño lido e porque conta unha historia entretida. Sorprendeume a linguaxe que utiliza, o seu tráxico final, a caracterización dos personaxes principais e os sucesos que se desenvolven arredor da muller da casa dos Andrada e de Socorrito.

    ResponderEliminar