Mostrando entradas con la etiqueta Vacacións lectoras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vacacións lectoras. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de diciembre de 2021

NADAL LECTOR

 Na biblioteca xa están á vosa disposición lecturas para as vacacións con recomendacións do profesorado. 

Bo Nadal lector!

jueves, 24 de junio de 2021

VACACIÓNS LECTORAS

 Despedimos o curso coa campaña Vacacións lectoras e Apadriña un lector/a. Este curso o alumnado de 3º ESO deseñou os carteis para fomentar o préstamo para o verán e o alumnado de 2º ESO propuxo recomendacións.

Hugo Rey



Alberto Rodríguez



Sabela Prol

Sara Martínez


2º ESO A

2º ESO B


martes, 1 de diciembre de 2015

VACACIÓNS LECTORAS

Achéganse as vacacións de Nadal e a Biblioteca anima a comunidade educativa a levar lecturas e películas para o tempo de lecer, dende os taboleiros do centro e dende a conta de twitter.


viernes, 19 de diciembre de 2014

VACACIÓNS LECTORAS

Dende a Biblioteca despedimos o trimestre fomentando a lectura para o tempo de Nadal. Nesta ocasión facendo fincapé nos fondos de temática matemática, aínda que a elección é libre. O alumnado acudiu para elixir os libros e formalizar o préstamo en sesións lectivas do profesorado do equipo de biblioteca.

lunes, 17 de diciembre de 2012

VACACIÓNS LECTORAS

Ás portas do Nadal a Biblioteca anima os lectores do centro a seleccionar títulos para as vacacións. Este ano a campaña centra o seu interese na novela policial e de medo, como se pode ver nas aulas e nos corredores. Non obstante, os demais xéneros e subxéneros tamén están dispoñibles para vós e para as/os afilladas/os da lectura.


viernes, 25 de noviembre de 2011

VACACIÓNS LECTORAS

Achéganse as vacacións de Nadal e a Biblioteca presenta e difunde entre a comunidade educativa dous folletos, subvencionados polo ENLG do centro, coas lecturas recomendadas para o tempo de lecer dende os departamentos de Castelán, Ciencias, Debuxo, Física, Francés, Galego, Historia e Matemáticas.
Podemos ver o seu contido en O CARTAFOL DO VENTO