Contamos de novo coa presenza de Francisco Castro, un autor lido e valorado polo alumnado do centro. Desta volta, as obras foron Chamádeme Simbad, O ceo dos afogados e O segredo de Marco Polo en 1º, 2º e 3º ESO.
O alumnado presentou o autor, escoitouno, divertiuse e aprendeu con el; logo amosoulle os seus traballos coas ilustracións para Simbad, os cómics coa historia dos golfiños e un vídeo coa lectura dun fragmento de O ceo dos afogados; e, finalmente, despois de que lles asinase os libros, posaron para as fotos.
A min non me extraña ti es un mago coma persoa e coma escritor, os magos e o que teñen en encandilan os pequenos e mais os grandes, Unha aperta.
ResponderEliminarBoa montaxe...!!! Parabens