martes, 1 de abril de 2014

RUTAS LITERARIAS

O último luns de marzo o alumnado de 2º ESO visitou o Museo Provincial de Lugo para participar nas Rutas Literarias. Distribuídos en catro equipos, o alumnado percorreu as distintas salas do museo para responder as cuestións da ruta asignada e relacionada cun relato de Contos de medo no museo.
O alumnado participou entusiasmado e a actividade resultou moi satisfactoria grazas ao saber estar e á preparación previa coa lectura e as Contadas dos catro relatos: "O botón encarnado" de Marilar Aleixandre, "Sangue de gato negro" de Fina Casalderrey, "O anel dos destinos cruzados" de Xosé A. Neira Cruz e "O pozo dos desexos" de Antonio Reigosa, ilustrados por Javier Huerga García.


2 comentarios:

  1. No museo provincial de Lugo faise unha actividade extraescolar de Lingua Galega e Literatura que consiste en facer percorridos polas plantas do museo coa finalidade de interpretar un mapa, coñecer o museo, e sobre todo contestar unhas custións sobre o libro do museo anteriormente lido na clase.
    Ao chegar, un guía explica as normas e estrega uns folletos distintos a cada un dos equipos para que cada un deles siga unha ruta sen axuda dun maior e non guiados por ninguén cumprindo unhas normas.
    Esta actividade serve para complementar máis sobre o libro de lectura lido na clase para que aprendamos e sobre todo para que o pasemos ben á vez que aprendemos.
    Paseino moi ben xa que é moi emocionante o feito de ir lendo preguntas e rapidamente ir buscar as resposta, o que máis me molestou foi que algunhas compañeiras do meu equipo non axudan. Outra cousa que me fixo graza foi sacar o caldeiro do pozo e que estea alí unha cabeza de plástico e a maioría dos compañeiros do meu grupo son os que fan que o pase realmente ben.

    ResponderEliminar
  2. É unha actividade moi divertida xa que ademais de ver todo o que hai no museo traballamos xuntos e movemonos independentemente. Tamén me gustou o museo en si, xa que vin moitas pezas antigas e tamén cadros. Os relatos adecuábanse á realidade e de maneira indireta coñecemos moi ben algunhas das obras que hai no museo.

    ResponderEliminar