Dende a Biblioteca despedimos o trimestre fomentando a lectura para o tempo de Nadal. Nesta ocasión facendo fincapé nos fondos de temática matemática, aínda que a elección é libre. O alumnado acudiu para elixir os libros e formalizar o préstamo en sesións lectivas do profesorado do equipo de biblioteca.
viernes, 19 de diciembre de 2014
READING
O departamento de Inglés vén de traballar a lectura no primeiro trimestre cos seguintes títulos da editorial Burlington:
Five children and it de Edith Nesbit co alumnado de 1º ESO
The phantom of the opera de Gaston Leroux en 3º ESO
The woman in white de Wilkie Collins para o alumnado de 1º Bacharelato
Agardamos os comentarios das lectoras e lectores dos textos.
miércoles, 10 de diciembre de 2014
ARQUITECTURA POPULAR
O alumnado do club de lectura de 1º ESO, despois da lectura d'A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado, vén de realizar unha exposición no corredor da biblioteca con información sobre o cómic, o seu autor e exemplos de arquitectura popular da nosa comarca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)