jueves, 31 de marzo de 2022

VISITA Á CASA DOS POETAS

 O alumnado de 3º e 4º de ESO viaxa a Celanova para coñecer a Casa dos Poetas, a igrexa e claustros do mosteiro de San Salvador e a biblioteca do IES Celanova. Ademais escoita o órgano da igrexa grazas á colaboración da profesora Irma Fernández e recita poemas de Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. E, finalmente, descobre a aula onde se gravou a serie El desorden que dejas de Carlos Montero.





















martes, 22 de marzo de 2022

CARNÉS LECTORES

 Entrega dos carnés lectores da biblioteca pública de Maceda Francisco Carballo para o alumnado do centro que participou na campaña desenvolvida entre a biblioteca escolar e a pública. Con este carné o alumnado poderá acceder a calquera biblioteca pública de Galicia e a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico.






viernes, 18 de marzo de 2022

TERTULIAS LITERARIAS

 Os membros do club de lectura Pasamos Páxina, con alumnado de 4º ESO, acudiron aos faladoiros organizados polo Concello de Ourense. Con outros clubs de lectura de centros da provincia desfrutaron compartindo e debatendo ideas que suscitaron os temas do libro El río baja sucio de David Trueba.

Parabéns a todas persoas implicadas na actividade!





lunes, 14 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER

 Para conmemorar o Día da Muller a biblioteca escolar presenta os carteis elaborados por alumnas colaboradoras coas lecturas seleccionadas e as noticias recollidas por alumnado de 2º ESO.