O alumnado de 1º ESO coñece a biblioteca pública Francisco Carballo de Maceda da man de Avelina Losada, a bibliotecaria, que lles explica os servizos ofertados e as vantaxes do carné lector.
![]() |
Xa está aberto o prazo para apuntarse no programa de voluntariado da biblioteca. Podes participar en variadas actividades:
O alumnado de 3º ESO gozou co obradoiro de creación narrativa impartido por Andrea Barreira Freije, unha actividade do programa Ler conta moito.
O alumnado de 2º ESO participou activamente no obradoiro para aprender a ler en voz alta, impartido por Damián Alonso e inserido no programa Ler conta moito.