O alumnado de 2º ESO dá a coñecer os acrósticos creados para homenaxear a Rosalía de Castro.
O alumnado de 3º ESO presenta as súas composicións de poesía revelada para conmemorar o Día da Paz. O punto de partida, as noticias da actualidade, e o resultado poemas ilustrados cos valores positivos ou os impedimentos para un mundo pacífico.
O alumnado de 2º ESO crea acrósticos do seu nome con características positivas para revisar os valores necesarios para unha convivencia pacífica.
O departamento de Latín e Grego achéganos a exposición itinerante sobre a poeta Safo, cedida pola profesora Ana Gloria Rodríguez Alonso.
A biblioteca expón fondos da cultura clásica, con recomendacións para todas as idades. Achégate e selecciona segundo os teus intereses.
O alumnado de 2º ESO, coas súas postais, desexan un Nadal respectuoso cos dereitos humanos.
Na biblioteca xa están á vosa disposición lecturas para as vacacións con recomendacións do profesorado.
Bo Nadal lector!