A comunidade do IES San Mamede comparte:
"Un libro sempre acompaña, en calquera momento e en calquera lugar".
Preme para ver o vídeo
A comunidade do IES San Mamede comparte:
"Un libro sempre acompaña, en calquera momento e en calquera lugar".
Preme para ver o vídeo
A biblioteca publica os primeiros traballos elaborados polo alumnado de 1º ESO na materia de Investigación e tratamento da información para dar a coñecer a conmemoración do Día do Pobo Xitano.
Damián Alonso presenta para o alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato o monólogo Stop machismo, homofobia, transfobia e xenofobia. Unha actividade organizada pola biblioteca escolar para o fomento da igualdade e o respecto á diversidade.
Asiste tamén Mª José Garrido, a responsábel en Galicia da asociación Euforia Familias Trans-Aliadas.
O alumnado de 3º e 4º de ESO viaxa a Celanova para coñecer a Casa dos Poetas, a igrexa e claustros do mosteiro de San Salvador e a biblioteca do IES Celanova. Ademais escoita o órgano da igrexa grazas á colaboración da profesora Irma Fernández e recita poemas de Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. E, finalmente, descobre a aula onde se gravou a serie El desorden que dejas de Carlos Montero.

Entrega dos carnés lectores da biblioteca pública de Maceda Francisco Carballo para o alumnado do centro que participou na campaña desenvolvida entre a biblioteca escolar e a pública. Con este carné o alumnado poderá acceder a calquera biblioteca pública de Galicia e a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico.
Os membros do club de lectura Pasamos Páxina, con alumnado de 4º ESO, acudiron aos faladoiros organizados polo Concello de Ourense. Con outros clubs de lectura de centros da provincia desfrutaron compartindo e debatendo ideas que suscitaron os temas do libro El río baja sucio de David Trueba.
Parabéns a todas persoas implicadas na actividade!
Para conmemorar o Día da Muller a biblioteca escolar presenta os carteis elaborados por alumnas colaboradoras coas lecturas seleccionadas e as noticias recollidas por alumnado de 2º ESO.