Sae a Esparaván, a revista do IES San Mamede, cun equipo de redacción estable que admite novos integrantes para o próximo curso. Parabéns polo seu traballo!
jueves, 22 de junio de 2023
viernes, 12 de mayo de 2023
ENCONTRO CON BERTA DÁVILA
No Salón Rosalía de Castro produciuse o encontro con Berta Dávila que respondeu as preguntas das lectoras e lectores de Un elefante na sala de estar e asinou os seus libros.
Unha charla amena e ilustrativa sobre o proceso creador, os temas, os personaxes e o obxectivo final da súa novela.
miércoles, 10 de mayo de 2023
UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR
O alumnado de 3º e 4º ESO, despois da lectura e posta en común de Un elefante na sala de estar, achega as súas producións para o encontro coa súa autora, Berta Dávila.
lunes, 8 de mayo de 2023
FALADOIROS LITERARIOS
O alumnado do Club de lectura Pasamos Páxina participou nas Tertulias literarias do Concello de Ourense. Na xornada debateron sobre a novela Lugar seguro con alumnado doutros clubs de lectura da provincia e encontráronse con seu autor Isaac Rosa.
martes, 2 de mayo de 2023
DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O 2 de maio conmemórase o Día Contra o Acoso Escolar e a biblioteca achega recursos para o traballo nas aulas.
miércoles, 26 de abril de 2023
OURENSE LITERARIO
O alumnado de 1º e 2º ESO participou no percorrido literario organizado polos departamentos de lingua castelá e galega para descubrir as autoras e autores ourensáns.






.jpg)

































.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)