As alumnas de 3º e 4º ESO, despois da lectura de Febre de Héctor Carré e a posta en común nas sesións do club de lectura Pasamos Páxina, participaron nas actividades programadas para as Tertulias Literarias pola Concellería de Educación de Ourense.
Tras o xantar, o mércores 17 de abril, reuníronse no Liceo de Ourense as lectoras e lectores dos centros IES LAGOA DE ANTELA, IES CIDADE DE ANTIOQUÍA, IES SAN MAMEDE e IES ALLARIZ para debater sobre algúns aspectos relativos ao punto de vista, á caracterización e evolución dos personaxes e ao contexto histórico no que se desenvolve a trama.
Ao remate da tertulia, uníronse os lectores dos centros da cidade, IES OTERO PEDRAYO, IES BLANCO AMOR e IES FERRO COUSELO, para escoitar ao autor de Febre, a obra gañadora da Vª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil que relata un episodio, localizado na vila de Noia, daquela febre do volframio, o ouro negro extraído de forma clandestina, durante os anos corenta, xusto despois da Guerra Civil e en plena II Guerra Mundial.
Ler máis en CAMIÑO LONGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario