Con motivo do Día Internacional das Mulleres, o Concello de Maceda levou a
cabo un acto no que participaron os cursos de 4º ESO e 2º BAC do IES San
Mamede.
A xuntanza comezou cunha breve charla sobre o papel da muller na
sociedade ao longo da historia, coa que se pretendía amosar os cambios que
afortunadamente se deron e os que desafortunadamente faltan por darse. O
obxectivo principal da exposición era fomentar un uso non sexista da linguaxe.
De seguido, baixouse á Praza das Toldas, onde unha alumna, Carla Lamas,
acompañada polo acordeón da profesora de música, Cristina
Asenjo , cantou unha canción de temática acorde coa celebración. Para rematar,
varias mulleres da vila leron un manifesto institucional no que se realzaba a
importante figura da muller.
María Losada González, 2º BAC
No hay comentarios:
Publicar un comentario