O Día do Libro o alumnado participou no I Certame de Nanorrelatos convocado para todos os niveis educativos. As bases establecían que todos terían o mesmo comezo e unha extensión máxima de trinta palabras en galego, castelán, francés ou inglés. O acto creativo tivo lugar nas bancadas da pista exterior o 23 de abril na última sesión lectiva.
Hoxe, na biblioteca tivo lugar a entrega de premios. Parabéns a todas e todos os galardoados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario