Neste mes da ciencia en galego e da literatura oral tradicional tiveron lugar en Santiago de Compostela as V Xornadas de Bibliotecas Escolares, organizadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e o Centro Autonómico de Formación e Información.
No programa as conferencias de Ricardo Gómez, Mónica Baró, Javier Guallar Delgado e José Manuel Pérez Tornero. Tamén mesas de experiencias arredor das matemáticas e a ciencia na/coa biblioteca escolar, e do tratatamento das alfabetizacións múltiples. A presentación do Informe do Consejo de Cooperación Bibliotecaria e da plataforma "Galicia le" de acceso ao libro electrónico.
Os asistentes, un milleiro de profesoras e profesores de Galicia que cre no papel da biblioteca escolar como fonte de recursos efectiva e deseñadora de programas para a procura, selección e uso das fontes e o traballo documental apoiando proxectos interdisciplinares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario