viernes, 6 de febrero de 2015

TERTULIAS LITERARIAS DE OURENSE

Un curso máis, o alumnado do club de lectura Pasamos Páxina acode ás Tertulias Literarias de Ourense para compartir a lectura con adolescentes doutros centros da provincia. Nesta ocasión, os compañeiros foron as alumnas e alumnos do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.
A obra de Clara Sánchez, Lo que esconde tu nombre, Premio Nadal 2010, proporcionou moitos aspectos para comentar, tanto os relativos ao punto de vista, estrutura e caracterización dos personaxes, coma os referentes aos temas: nazismo, neonazismo, memoria, xustiza e amor. E as lectoras e lectores dos dous centros participaron activamente. Parabéns a todas e todos.


1 comentario:


  1. Asistir as tertulias literarias de Ourense foi unha experiencia fantástica, debido a que compartimos con alumnos doutros centros a nosas experiencias ao ler este fantástico libro de Clara Sánchez.
    Paseino moi ben comentando con outros estudantes o que me gustaba e non me gustaba do libro e outros puntos que me interesaban. Tamén me gustou escoitar as opinións do resto de alumnos xa que me fixeron ver certas partes do libro doutra maneira.
    En canto ao libro paseino xenial léndoo xa que me enganchou moito, pero algunhas partes fixéronseme pesadas. En xeral recoméndoo a calquera que lle gusten os libros de misterio.

    ResponderEliminar