domingo, 8 de marzo de 2015

AFFICHE TON FRANÇAIS

A Asociación de Profesores de Francés de Galicia convocou un ano máis o concurso de carteis Affiche ton français para todo o alumnado de Galicia. Nesta ocasión os traballos debían inspirarse nun personaxe francófono, real ou de ficción, vivo ou morto.
Os carteis finalistas de cada centro participante, tres por categoría, estiveron expostos no IES Fontiñas durante a celebración das Xornadas Pedagóxicas organizadas pola APFG que se desenvolveron o 28 e 29 de febreiro en Santiago de Compostela.
Uxía Oviedo de Dios, cun cartel baseado no Petit Prince, resultou gañadora do primeiro premio na categoría de alumnado de 3º e 4º ESO que estudan francés como segunda lingua estranxeira. 
A entrega do premio e de mencións aos participantes realizouse na Biblioteca.

1 comentario:

  1. Moitas grazas a todas e a todos por participar e, sobre todo, parabéns á gañadora!
    Algúns dos personaxes que serviron de inspiración aos carteis están na biblioteca... agardan por vós!!

    ResponderEliminar