sábado, 3 de diciembre de 2016

TERTULIAS LITERARIAS DE ALLARIZ

Desprazámonos a Allariz para participar nas Tertulias literarias que se desenvolveron con alumnado de Bacharelato sobre a última novela de Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, e para encontrarnos coa autora que respondeu todas as preguntas que o alumnado lle fixo sobre as protagonistas e os temas. Un auténtico pracer para todos e o noso agradecemento a María Sánchez pola súa organización.










8 comentarios:

  1. Esta actividade pareceume moi interesante, como outras moitas, polo feito de coñecer máis a fondo certos apectos do libro e poder compartir coa autora a nosa opinión.
    Tamén neste encontro coñecemos a outras rapazas da nosa idade e isto permítenos observar outros puntos de vista e opinións da novela.
    En resumo, paréceme unha actividade moi interesante que todo o mundo debería vivir.

    ResponderEliminar
  2. As tertulias ás que asistimos foron moi divertidas. O que máis me gustou foi descubrir que unha personaxe, das que máis me gustou, estaba baseada nunha persoa real.
    Ademais disto, foron moi interesantes xa que coñecemos moita xente que puido gozar coma nós desta lectura.

    ResponderEliminar
  3. A actividade co Club de Lectura foi moi interesante, tanto no debate co resto do alumnado como coa autora. O tema que máis resaltou para min foi a violencia machista niste libro, comentámolo co resto dos lectores/as e a autora deunos o seu punto de vista.

    ResponderEliminar
  4. Na pasada tertulia literaria falamos sobre o libro Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva. Tivemos un encontro coa autora, primeiro parte do alumnado de cada centro na radio, e despois con todos na tertulia. A miña experiencia na radio foi moi interesante, xa que a autora contestou as nosas preguntas dunha maneira moi cercana e dende o seu punto de vista.

    ResponderEliminar
  5. Nestas tertulias, como en todas elas, o que máis me gustou é poder pasar un tempo de charla con alumnos/as doutros centros e mostrar a miña interpretación e opinión sobre todos e cada un dos temas que se propuñan.
    Por outra banda, a historia dunha das personaxes foi a que fixo que reflexionase como a inmadurez e a impulsividade fai que cometamos actos sen pensar nas posibles consecuencias que ocasionarían.

    ResponderEliminar
  6. Na tertulia que realizamos cos centros de diversos lugares da provincia de Ourense e coa autora Imma López pareceume moi agradable xa que ela resolveu todas as pequenas dúbidas que nos puideron quedar tras ler o libro.

    ResponderEliminar
  7. Esta actividade pareceume moi interesante, xa que puidemos relacionarnos e compartir opinións con outras lectoras da obra. A parte que máis me gustou foi o encontro coa autora xa que é unha persoa moi agradable, cercana e cunha visión da vida e da sociedade que comparto. Ademais puiden facerlle moitas preguntas sobre diversos aspectos da obra que non me quedaron claros tras a lecura. Finalmente, gustoume o lugar onde se celebra a tertulia, xa que é un entorno agradable.

    ResponderEliminar
  8. A tertulia á que asistimos, para coñecer a Inma López Silva, encantoume, xa que puiden compartir con un numeroso grupo de persoas, de diversas idades, os meus puntos de vista sobre o libro "Aqueles días en que eramos malas", e por outra banda, puiden obter todas as respotas ás preguntas que tiña sobre este libro. Grazas a Inma.

    ResponderEliminar